Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 73 Luns, 18 de abril de 2016 Páx. 14015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 7 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, pola que se notifica a resolución do procedemento de responsabilidade patrimonial relativa ao expediente RP-2014-0108-P.

O 26 de xaneiro de 2016, o conselleiro de Sanidade ditou resolución relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo que formulou José María Fernández Gómez.

Intentada a notificación desta resolución segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e, ao abeiro do disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a José María Fernández Gómez o contido da referida resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento dela.

Consonte co artigo 61 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, a publicación da resolución pode lesionar dereitos ou intereses lexítimos, polo que esta cédula se limitará á publicación, como anexo, dunha somera indicación do contido do acto e do lugar onde o interesado poderá comparecer en prazo, para coñecemento do contido íntegro do devandito acto e constancia de tal coñecemento.

Así mesmo, lémbraselle que contra a resolución que pola presente se notifica, que pon fin á vía administrativa de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderá interpor recurso contencioso-administrativo de acordo co que establece o artigo 14.1 regra segunda da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. O prazo será de dous meses que se contarán desde o día seguinte ao da notificación, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1998.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A eficacia desta notificación quedará supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Josefina Monteagudo Romero
Secretaria xeral técnica da Consellería de Sanidade

ANEXO

Nº expediente: RP-2014-0108-P.

Reclamante: José María Fernández Gómez.

DNI: *****387X.

Último enderezo coñecido: rúa Canadelo, baixo 4, 7º, 36201 Vigo (Pontevedra).

Contido da notificación: resolución do conselleiro de Sanidade con data do 26.1.2016 relativa á reclamación de responsabilidade patrimonial por asistencia sanitaria.

Lugar de comparecencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade, Edificio Administrativo de San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela.

Prazo de comparecencia: 15 días.