Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13821

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

EDICTO do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se notifica o trámite de audiencia do expediente de reclamación eléctrica IN635A 2016/17-3.

Notifícase, de conformidade co establecido no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, aos interesados o trámite de audiencia nos expedientes de reclamacións eléctricas que a seguir se relacionan (anexo), ao seren devoltas polo servizo de Correos as notificacións enviadas no seu día.

Os interesados dispoñen dun prazo de quince días a partir do día seguinte ao da publicación deste edicto para presentar ante a xefatura territorial as alegacións que consideren pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados, na citada Xefatura Territorial de Ourense, rúa Curros Enríquez, 1-4º.

Ourense, 30 de marzo de 2016

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado

Domicilio

IN 635A 2016/17-3

Adif-Alta Velocidad

Toural, 97, 32540 A Gudiña, Ourense