Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13799

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 30 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo do servizo de mantemento dos equipamentos de emisión atómica, espectrometría e cromatografía existentes no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 41/2015 CA.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24044

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: mantemento dos equipamentos de emisión atómica, espectrometría e cromatografía existentes no Laboratorio de Medio Ambiente de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 50411000-9.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: negociado sen publicidade por razóns de exclusividade.

4. Valor estimado do contrato: 110.017 €.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 110.017,00 €; importe total: 133.120,57 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.3.2016.

b) Data de formalización do contrato: 10.3.2016.

c) Adxudicataria: Agilent Technologies Spain, S.L.

d) Importe de adxudicación. Importe neto: 109.475,47 €; importe total con IVE: 132.465,32 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

P.D. (Orde 15.3.2012; DOG núm. 58, do 23 de marzo)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio