Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 72 Venres, 15 de abril de 2016 Páx. 13825

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se fai pública a formalización do contrato para o servizo de redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun novo CEIP en Culleredo, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional nun 80 %, no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, eixe 10, obxecto específico 10.05.01 (expediente ED 1/15-SRP).

missing image file

Segundo o artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise público que o secretario xeral técnico, actuando en nome do conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, por delegación de atribucións segundo a Orde do 25 de xaneiro de 2012, acordou darlle publicidade á formalización do seguinte contrato de servizos:

1. Servizo de redacción do proxecto básico e de execución para a construción dun novo CEIP en Culleredo (A Coruña).

1.1. Adxudicataria: Estudio Norniella, S.L.P.

1.2. Importe de adxudicación: 32.000,00 € (IVE excluído).

1.3. Data de adxudicación: 3 de marzo de 2016.

1.4. Data de formalización do contrato: 29 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria