Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13618

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 5 de abril de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, de desistencia do expediente IN 617B 2013/165-1 e tres máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, as notificacións que non se puidesen practicar faranse por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), que quedan supeditadas á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE.

Polo anterior e logo de intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido aos interesados que se sinalan no anexo, a continuación publícase o presente anuncio, que terá efectos a partir do día seguinte á súa publicación no BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Ademais, infórmaselles aos interesados que os expedientes están á súa disposición, para coñecer o contido íntegro do acto, nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria na Coruña, Edificio Administrativo Monelos, 1º andar (Servizo de Administración Industrial), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A Coruña, 5 de abril de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente: IN 617B 2013/165-1.

Interesada: Leiteiro, S.L.

CIF: B70299391.

Acto de notificación: desistencia.

Concello: Bergondo.

Expediente: IN 614C 2014/716-1.

Interesada: Transportes Andara, S.L.

CIF: B70332796.

Acto de notificación: desistencia.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 620A 2014/3.

Interesada: Transportes Andara, S.L.

CIF: B70332796.

Acto de notificación: desistencia.

Concello: A Coruña.

Expediente: IN 617B 2012/524-1.

Interesada: Marco Energy Systems, S.L.

CIF: B27769249.

Acto de notificación: desistencia.

Concello: Arteixo.