Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13609

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 29 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, polo que se notifica a resolución do procedemento de perda do dereito de cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida no expediente PF-2006/000034 e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás entidades que se sinalan no anexo deste anuncio as resolucións do procedemento de perda do dereito de cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida nos expedientes PF-2006/000034 e PF-2009/000218.

As interesadas poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias desta dirección xeral, situadas no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, para consultaren e obteren, se é o caso, unha copia da resolución, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da devandita Lei 30/1992. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

Contra a referida resolución, que pon fin á vía administrativa, as interesadas poderán formular recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñerse recurso de reposición, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación desta resolución, ante esta Dirección Xeral de Orientación e Promoción Laboral, todo iso de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 29 de marzo de 2016

José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral

ANEXO

Expediente: PF-2009/000034.

Orde de convocatoria da subvención: Orde do 23 de setembro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación intersectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Entidade: Asociación Nacional de Empresarios y Profesionales Autónomos (Asnepa).

Acto de notificación: resolución do procedemento de perda do dereito de cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Ezequiel Masoni, 25, 36900 Marín (Pontevedra).

Expediente: PF-2009/000218.

Orde de convocatoria da subvención: Orde do 26 de outubro de 2009 pola que se aproba a convocatoria de subvencións para o financiamento de plans de formación sectoriais dirixidos prioritariamente a persoas traballadoras ocupadas mediante a subscrición de convenios de ámbito autonómico, en aplicación da Orde TAS/718/2008, do 7 de marzo, pola que se desenvolve o Real decreto 395/2007, do 23 de marzo, polo que se regula o subsistema de formación profesional para o emprego, en materia de formación de oferta e se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións públicas destinadas ao seu financiamento.

Entidade: Asociación de Fabricantes de Hormigón y Mortero de Galicia (Asfhorgal).

Acto de notificación: resolución do procedemento de perda do dereito de cobramento e do procedemento de reintegro da subvención concedida.

Último enderezo coñecido: rúa Palmeira, nave 71-A2, polígono Novo Milladoiro, 15893 Ames (A Coruña).