Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13613

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 31 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se inicia o expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Os Castelos número 57, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, tras a súa modificación pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, notifícase á interesada que se sinala no anexo deste anuncio a iniciación do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros da sección A) Os Castelos nº 57, xa que intentada a notificación polos medios legalmente establecidos non se puido efectuar.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE) polo que o prazo para presentar alegacións computarase desde esa publicación.

Así mesmo, infórmase aos interesados de que o expediente se atopa á súa disposición nas dependencias da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria de Lugo (rolda da Muralla, 70, soto 2, Servizo de Enerxía e Minas), xa que segundo o artigo 78 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, poderán achegar no prazo de dez días, cantas alegacións, documentos ou informacións consideren pertinentes.

Lugo, 31 de marzo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: Os Castelos nº 57.

Interesada: Granitos San José, S.L.

Acto de notificación: acordo de iniciación.

Último domicilio coñecido: Balboa, s/n, 36017 A Estrada, Pontevedra.