Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13592

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

RESOLUCIÓN do 12 de abril de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se publica o acordo de prórroga do prazo de presentación de ofertas do procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada para a contratación da explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia.

No DOG núm. 45, do 7 de marzo de 2016, publicouse a Resolución do 4 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, pola que se anuncia a licitación, polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a contratación da explotación, mantemento e conservación da planta de tratamento de residuos industriais de Galicia.

Por Resolución do 12 de abril de 2016, ao abeiro do disposto no artigo 158 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, debido á publicación no perfil do contratante ( http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24149 ), dun novo plano, que constitúe información complementaria para a formulación das ofertas, acórdase a prórroga do prazo de presentación de proposicións ata o vindeiro 25 de abril de 2016.

Santiago de Compostela, 12 de abril de 2016

Mª Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Medio Ambiente
e Ordenación do Territorio