Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Xoves, 14 de abril de 2016 Páx. 13621

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 7 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto, da contratación administrativa especial de organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Canadá, Estados Unidos, Francia, Alemaña, Portugal e España para o profesorado participante na convocatoria do Programa integral de aprendizaxe de linguas estranxeiras (PIALE) e noutras actividades formativas (expediente ED-DXEFPIE-02/16 SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa-Subdirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa e Formación do Profesorado.

c) Número de expediente: ED-DXEFPIE0 02/16 SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: organización e desenvolvemento de cursos de formación lingüística e metodolóxica no Reino Unido, Canadá (excepto zonas francófonas, sinaladamente Quebec), Estados Unidos, Francia, Alemaña, Portugal e España para o profesorado participante na convocatoria PIALE.

b) División por lotes e número: si, sete (7) lotes.

c) Lugar de execución: España, Portugal, Alemaña, Francia, Reino Unido, Canadá (excepto zonas francófonas, sinaladamente Quebec) e Estados Unidos.

d) Prazo de execución: a duración da prestación será desde a sinatura do contrato ata o remate dos cursos, actividades e entrega de documentación, que terá como prazo máximo o 1 de outubro de 2016 para os lotes 1, 2, 4, 5 e 6 e o 15 de decembro de 2016 para os lotes 3 e 7.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran no punto 6 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: o valor estimado do contrato é de 428.375 euros (IVE exluído), IVE: 41.060 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 469.535 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento base de licitación, IVE excluído.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n. 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 65 44.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=25680

7. Presentación das ofertas.

a) Prazo de presentación: as proposicións presentaranse no prazo de oito (8) días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que cómpre presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax (981 54 65 50) no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o oitavo día hábil, ás 10.00 horas, contado desde o día seguinte ao do remate do prazo de presentación de proposicións, non sendo que o último día for sábado ou inhábil, caso en que se prorrogará o prazo ao primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos do anuncio: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de abril de 2016

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa