Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13387

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ANUNCIO do 30 de marzo de 2016, da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, polo que se notifican os requirimentos de pagamento realizados ás persoas que prestaron caución en expedientes sancionadores por infracción da normativa en materia de transportes terrestres, devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente PO-00274-O-2010 e cinco máis).

As resolucións ditadas nos expedientes sancionadores número PO-00274-O-2010 e cinco máis, por infracción da normativa sobre transporte terrestre, son firmes. As persoas sancionadas non aboaron as multas impostas. En consecuencia, requírese o seu pagamento ás persoas que figuran como caucionistas nos referidos expedientes.

Intentada a notificación do requirimento por correo certificado con xustificante de recepción no domicilio que consta no correspondente expediente sancionador, esta foi devolta polo servizo de Correos. Por este motivo e de conformidade co artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a notificación efectúase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), que previamente se publica no Diario Oficial de Galicia. En consecuencia, mediante este anuncio notifícanse os requirimentos de pagamento aos caucionistas.

O importe da sanción deberá ser aboado dentro do prazo establecido no artigo 62 Lei 58/2003, do 12 de decembro, xeral tributaria, empregando o modelo impreso que se facilitará nas oficinas da Subdirección Xeral de Inspección do Transporte, situadas en praza de Europa, 5 A, 2º, en Santiago de Compostela. A data de publicación do presente anuncio no BOE será a que determine o inicio do cómputo do referido prazo.

De non efectuarse o ingreso no dito prazo, procederase ao seu cobramento pola vía de constrinximento, segundo o disposto no artigo 97 da Lei 30/1992, do 26 novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2016

David Conde Varela
Subdirector xeral de Inspección do Transporte

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data; hora; estrada; p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

Caucionista

Último enderezo coñecido

PO-00274-O-2010

15-IJ-54

Garda Civil 3603 V93728C

Transportes Nunes e Gouveira, Lda. 50722757

Rúa Vale de Carrenho, s/n

3360-021 Lourinhal, Portugal

Exceso de peso superior ao 15 % en vehículos de máis de 20 t.

24.2.2010; 2.25; AP-9; 168,0

Art.140.19 LOTT

Art.197.19 ROTT

Art.143.1.h) LOTT

Art. 201.1.h) ROTT

3.951

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias, nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla

PO-00325-O-2010

30-70-XI

Garda Civil 3603 U36333E

Fernando Silva e Carballo, Lda. 50456677

Seixo-Carballo, s/n

33670-171 Penacova

Exceso de peso superior ao 15 % en vehículos de máis de 20 t.

24.2.2010; 2.31; AP-9; 168,0

Art.140.19 LOTT

Art.197.19 ROTT

Art.143.1.h) LOTT

Art. 201.1.h) ROTT

3.301

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias, nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla

PO-00677-O-2010

23-AT-60

Garda Civil 1525 W59971A

Transrecta Ttes. nacionais e Interna, Lda. 50396931

Lugar do Outeiro, s/n

4720-210 Caires, Portugal

Levar inserida unha folla de rexistro ou tarxeta de condutor correspondentes a outro condutor.

23.4.2010; 9.45; PO-531; 2,0

Art.140.22 LOTT

Art.197.22 ROTT

Art. 143.1.h) LOTT

Art. 201.1.h) ROTT

3.301

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias, nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla

PO-01481-O-2010

83-67-XH

Garda Civil 3603 A23980M

Transportes Aires Filhos, Lda. 502241470

Rúa dos Areeiros, 3

4620 635 Silvares, Lousada

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

27.10.2010; 4.31; A-55; 31

Art.140.24 LOTT

Art.197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 201.1.g) ROTT

2.001

Biostim, S.L.

R/ Príncipe de Asturias, nº 39

41720 Los Palacios y Villafranca

Sevilla

PO-01652-O-2009

22-GS-64

Garda Civil 3601 Y767740V

Turitalefe, Lda.

Rúa dos Agoutados, 18

7800 493 Beja, Portugal

A carencia de follas de rexistro do aparello de control, da tarxeta de condutor ou dos documentos impresos obrigatorios que exista obriga de levar no vehículo.

24.7.2009; 17.50; PO-326; 1,8

Art.140.24 LOTT

Art.197.24 ROTT

Art. 143.1.g) LOTT

Art. 201.1.g) ROTT

4.002

Quinta Piular, S.L.

Concepción Arenal, 3, 6º

36201 Vigo

Pontevedra

PO-02142-O-2009

25-AA-65

Garda Civil 3601 N-04453-S

Varandas de Sousa, S.A.

Estrada Nacional, 214

5360-021 Benlhevas, Portugal

Exceso de peso superior ao 25 % en vehículos de ata 10 t.

28.10.2009; 1.15; PO-305; 3,5

Art.140.19 LOTT

Art.197 ROTT

Art.143.1.h) LOTT

Art. 201 ROTT

4.600

Asistencia Gestrans, S.L.

R/ Manuel Antón, 13, 2º D

03004 Alicante

Alicanteón, 13, 2º D

03004 Alicante, Alicante