Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13336

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 4 de abril de 2016, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, polo que se comunica a publicación das puntuacións definitivas e a relación de excluídos definitivos nas especialidades de francés (590010), navegación e instalacións mariñas (590109) e procesos e medios de comunicación (590119) do corpo de profesores de ensino secundario, e nas especialidades de fabricación e instalación de carpintaría e moble (591204), produción de artes gráficas (591223), soldadura (591228) e técnicas e procedementos de imaxe e son (591229) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, cuxa apertura foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro e modificada no Diario Oficial de Galicia do 11 de febreiro de 2016.

Unha vez publicada a lista provisional e resoltas as reclamacións, procede publicar o baremo definitivo e a relación definitiva de excluídos na páxina web desta consellería.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro. Facer públicas na páxina web desta consellería ( http://www.edu.xunta.es ) as puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos do baremo para as prazas de interinidades e substitucións para impartir docencia nas especialidades de francés (590010), navegacións e instalacións mariñas (590109) e procesos e medios de comunicación (590119) do corpo de profesores de ensino secundario, e nas especialidades de fabricación e instalación de carpintaría e moble (591204), produción de artes gráficas (591223), soldadura (591228) e técnicas e procedementos de imaxe e son (591229) do corpo de profesores técnicos de formación profesional, cuxa apertura foi publicada no Diario Oficial de Galicia do 22 de xaneiro e modificada no Diario Oficial de Galicia do 11 de febreiro de 2016.

Segundo. Contra estas puntuacións definitivas e a relación definitiva de excluídos, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor, con carácter potestativo, recurso de reposición, ante o director xeral de Centros e Recursos Humanos, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben poderán interpor directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous (2) meses contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o xulgado do contencioso-administrativo, conforme os artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 4 de abril de 2016

José Manuel Pinal Rodríguez
Director xeral de Centros e Recursos Humanos