Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Mércores, 13 de abril de 2016 Páx. 13356

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de declaración de insolvencia (ETX 279/2015).

ETX execución de títulos xudiciais 279/2015

Procedemento orixe: despedimento obxectivo individual 229/2015

Sobre despedimento

Demandante: Juan Antonio Salgueiro Paz

Avogado: Emilio Sánchez Vieites

Demandada: Montserrat Enjo Valle

Susana Varela Amboage, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela (A Coruña), fai saber que na execución seguida neste xulgado co número 279/2015, por instancia de Juan Antonio Salgueiro Paz, contra a executada Montserrat Enjo Valle, sobre reclamación de cantidade, foi ditado o día 22.3.2016 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, polo importe de 10.676,45 euros de principal máis 1.067,64 euros que provisoriamente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 22 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza