Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13259

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 4 de abril de 2016 pola que se corrixen erros no anuncio rectificativo de licitación relativo á contratación do servizo de limpeza respectuoso co ambiente e coa seguridade e saúde laboral nos centros e instalacións desta universidade, dous lotes (expediente 301/16).

O anuncio de licitación foi publicado no Diario Oficial de Galicia número 57, do 23 de marzo de 2016.

Advertido un erro no anuncio rectificativo de licitación publicado no Diario Oficial de Galicia número 59, do 29 de marzo de 2016, procédese á súa rectificación nos termos que se indican a continuación:

No punto terceiro, onde di: «concédese un novo prazo de presentación de ofertas que remata o día 20 de abril de 2016, ás 14.00 horas», debe dicir: «concédese un novo prazo de presentación de ofertas que remata o día 9 de maio de 2016, ás 14.00 horas».

Vigo, 4 de abril de 2016

P.D. (Resolución do 7.5.2014; DOG do 13 de maio)
Manuel Fernández Jáuregui
Xerente da Universidade de Vigo