Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13263

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Pontevedra

ANUNCIO de licitación do servizo de mantemento e prevención da lexionelose nos sistemas de calefacción dos colexios públicos deste concello.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra, rúa Michelena, nº 30, 36001. Órgano de contratación: Xunta de Goberno.

2. Obxecto: prevención e realización dos tratamentos necesarios relacionados coa aparición da lexionelose.

3. Procedemento e forma: aberto, criterios dun tipo.

4. Orzamento de licitación total: 115.200,00 €.

5. Garantías: provisional: non. Definitiva: 5 %.

6. Obtención da documentación e información: Servizo de Contratación. Teléfono: 986 80 43 00. Fax: 886 21 28 43, e www.pontevedra.eu

7. Presentación de ofertas: cláusula 7 PCAP.

8. Criterios de adxudicación e apertura das ofertas: segundo o establecido nos pregos.

Pontevedra, 31 de marzo de 2016

P.D. (Acordo do 13.6.2015)
Raimundo González Carballo
Concelleiro de Goberno