Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13233

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 30 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a iniciación do expediente sancionador MON-LU-9/2016-FOR e dous máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de intentada a notificación persoal en dúas ocasións, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia. Así mesmo, a eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

O acto foi adoptado polo xefe territorial.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede do Servizo Xurídico-Administrativo da Xefatura Territorial en Lugo da Consellería do Medio Rural, sita na rolda da Muralla, nº 70.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte.

Lugo, 30 de marzo de 2016

José Ramón Losada Fernández
Xefe territorial de Lugo

ANEXO

Expediente: MON-LU-9/2016-FOR.

Interesada: Alicia Prieto González.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: MON-LU-12/2016-FOR.

Interesada: Comunidade do Monte Veciñal en Man Común de Rozavales.

Acto notificado: acordo de incoación.

Expediente: MON-LU-16/2016-FOR.

Interesado: Jesús García Varela.

Acto notificado: acordo de incoación.