Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13208

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 29 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se fai pública a resolución de renuncia da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, regulada na Orde do 12 de agosto de 2015 (Diario Oficial de Galicia do 19 de agosto), relativa ao expediente TR341D 2015/816-2.

Intentada a notificación da resolución da xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, pola que se acorda a resolución de renuncia da axuda polo establecemento como traballador/a autónomo/a ou por conta propia, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto no número 5 do artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselle ao interesado o contido da dita resolución como figura no anexo para que poida ter coñecemento del.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, así como, con anterioridade e con carácter potestativo, poderá interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial. Todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O interesado, durante este prazo, poderase presentar ante o Servizo de Emprego e Economía Social da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo, sito na rolda da Muralla, 70, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para os efectos de coñecer integramente o contido da resolución administrativa.

Lugo, 29 de marzo de 2016

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de expediente: TR341D 2015/816-2.

Nome: Julio Medín Fernández.

DNI/NIF: 76583023S.

Último enderezo coñecido: rúa Calvo Sotelo, 164, 2º C, 27600 Sarria, Lugo.

Contido da resolución: renuncia pola que se declara concluído o procedemento ditado o 27 de novembro de 2015 pola xefa territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Lugo.