Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13215

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 18 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, pola que se anuncia a licitación por lotes, mediante procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada, da contratación documentalmente simplificada da subministración sucesiva de combustible de calefacción gasóleo tipo C para os centros educativos dependentes desta consellería, mediante un acordo marco con varios empresarios (expediente ED-2/2016 AMSU).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica. Subdirección Xeral de Construcións e Equipamento. Servizo de Obras e Equipamentos.

c) Número de expediente: ED-2/2016 AMSU.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración sucesiva de combustible de calefacción gasóleo tipo C para os centros educativos dependentes da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) División por lotes e número: si, 70 lotes.

c) Lugar de entrega e instalación: nos centros educativos sinalados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no anexo IV dos pregos de cláusulas adminsitrativas particulares.

d) Prazo de entrega: 48 horas seguintes ao envío do encargo por parte do centro.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma de adxudicación: oferta máis económica tendo en conta o criterio único do prezo que figura no punto 1.2.5 do prego de cláusulas adminitrativas particulares.

4. Orzamento base de licitación.

Prezo: 4.294.168,32 euros (IVE excluído), IVE: 901.775,35 euros, cuxa distribución por lotes é a que se especifica no anexo IV do prego de cláusulas administrativas particulares.

Importe total: 5.195.943,66 euros.

5. Garantías.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: non se exixe.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación da empresa: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

7. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Secretaría Xeral Técnica.

b) Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela.

c) Teléfono: 981 54 44 04/981 54 44 31.

d) Poderanse consultar e/ou obter os pregos así como a información correspondente a esta contratación no seguinte enderezo da internet:

www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=24570

8. Presentación das ofertas.

a) Prazo límite de presentación: 27 de abril de 2016.

b) Hora límite de presentación: ata as 14.00 horas do último día de presentación de proposicións.

c) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de cláusulas administrativas particulares.

d) Lugar de presentación:

1º. Entidade: Rexistro Xeral da Xunta de Galicia ou por correo.

Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da mencionada oferta mediante telegrama ou fax 881 99 91 49 no mesmo día.

2º. Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: a apertura das proposicións efectuarase o día 12 de maio de 2016, ás 10.00 horas na sala B da consellería.

10. Gastos do anuncio: por conta da administración contratante.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 18 de marzo de 2016.

Santiago de Compostela, 18 de marzo de 2016

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria