Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Martes, 12 de abril de 2016 Páx. 13253

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 28 de marzo de 2016, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente de non ocupación e falta de pagamento C-2001/705, conta 29.

Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.5 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto foi adoptado polo director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo; rúa Vicente Ferrer, 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.

A Coruña, 28 de marzo de 2016

Rosa Mª Gallego Neira
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Desafiuzamento: 15/15.

Interesada: Mª Teresa Bustelo Romero.

Acto notificado: resolución do procedemento de desafiuzamento por non ocupación e falta de pagamento.