Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 13015

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito da modificación de estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega).

En cumprimento do disposto no artigo 13.3 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais desta secretaría xeral se depositou a modificación dos estatutos da Asociación Galega de Empresas de Artes Escénicas (Escena Galega), que consiste na modificación dos artigos 7, 23, 26 e 40 dos estatutos, segundo se indica na acta da asemblea xeral celebrada o 30 de xuño de 2015 e 14 de febreiro de 2016.

– Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

– Ámbito profesional: empresas que teñan como actividade fundamental a produción de toda clase de espectáculos escénicos.

– Asinantes: Belén García Pichel (presidenta) e Areta González Bolado (secretaria).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego