Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Luns, 11 de abril de 2016 Páx. 12995

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 290/2015, interposto por Lourdes Fernández Parajes.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia polo cal se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.O. 290/2015, interposto por Lourdes Fernández Parajes, contra a desestimación do recurso de alzada do 3 de xullo de 2015, contra o Acordo do 16 de abril de 2015 do tribunal do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de enxeñeiros/as industriais, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013, que desestima a reclamación respecto á puntuación obtida pola interesada no terceiro exercicio.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2016

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública