Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1005/2012).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 1005/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Manuel Montero Viqueira contra Escayolas Gasamans, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución que expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por Jesús Manuel Montero Viqueira contra Escayolas Gasamans, S.L., debo condenar e condeno a mercantil demandada a aboarlle ao demandante a suma de 4.105,54 euros polos conceptos indicados no feito probado cuarto desta resolución máis os xuros previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores (ET) sobre a dita cantidade desde a data de presentación da papeleta de conciliación ata a presente resolución, e os do artigo 576 da Lei de axuizamento civil (LAC) a partir desta resolución.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberase ater ao que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíqueselles ás partes esta resolución e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de suplicación, para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregaráselle á letrada da Administración de xustiza para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

Para que sirva de notificación en legal forma a Escayolas Gasamans, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016

A secretaria xudicial