Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12768

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (209/2015).

Ana Belén Jorge Rogel, letrada da Administración de xustiza da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que no peza de apelación que se dirá se ditou a Sentenza do 28 de decembro de 2015 cuxo encabezamento e parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«A Coruña, vinte e oito de decembro de dous mil quince.

No recurso de apelación civil número 209/2015, interposto contra a sentenza ditada no Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, en xuízo ordinario núm. 552/2012, coa contía do procedemento indeterminada e seguido entre as seguintes partes: como apelante, Manuel Martínez Vázquez, representado pola procuradora Sra. Vázquez Couceiro; como apelado, César Maceiras Torres, representado pola procuradora Sra. Díaz Amor; José A., María Isabel, Camila, Josefa e María Luz Martínez Vázquez; Raquel e Pablo Martínez Souto e herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Martínez Fuentes (en rebeldía). É relator Manuel Conde Núñez.

Resolvo que, rexeitando o recurso de apelación, interposto pola representación procesual de Manuel Martínez Vázquez contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 13 da Coruña, nos autos de xuízo ordinario núm. 552/2012, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar as partes declaradas en rebeldía herdeiros descoñecidos e incertos de Antonio Martínez Fuentes, expido e asino este edicto en A Coruña, vinte e sete de xaneiro de dous mil dezaseis. Dou fe».

A letrada da Administración de xustiza