Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12596

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 23 de marzo de 2016 pola que establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil e se procede á súa convocatoria para o ano 2016.

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27, parágrafos 22, 23 e 24, establece que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias de promoción do deporte e a adecuada utilización do lecer, asistencia social, así como a promoción do desenvolvemento comunitario, que se aplica, entre outros, ao ámbito da xuventude.

Mediante o Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servizos transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de promoción sociocultural, no ámbito da mocidade e desenvolvemento comunitario.

O artigo 15 da Lei 6/2012, do 19 de xuño, de xuventude de Galicia, dispón que a Xunta de Galicia potenciará a mobilidade entre a xuventude galega, desenvolvendo programas para a realización de estudos, cursos e actividades noutras comunidades autónomas, na Unión Europea e noutros países, co obxectivo de potenciar o coñecemento da diversidade e riqueza cultural, o que contribuirá á súa formación e posterior inserción laboral.

En virtude do disposto no Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica orgánica da Consellería de Política Social, correspóndelle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, entre outras funcións, a xestión das actuacións en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e de apoio ao desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da mobilidade xuvenil, dos intercambios xuvenís, tanto no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia como no resto do Estado e no ámbito internacional.

De conformidade co Programa operativo de emprego xuvenil (POEX), a mobilidade transnacional pode constituír un elemento fundamental na formación dos mozos e mozas, tanto pola experiencia adquirida como polo apoio que pode supoñer a aprendizaxe dun idioma estranxeiro. Desta maneira, a experiencia laboral no estranxeiro pode achegar un valor engadido á formación permanente dos/as mozos/as a á súa traxectoria profesional e proporcionarlle máis oportunidades de emprego. A mellora na formación e a empregabilidade da xuventude permitirá reducir os desaxustes existentes no mercado de traballo e cubrir as necesidades de man de obra. A mobilidade enmárcase dentro do POEX, do seguinte xeito:

• Eixe 5. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non se atopan empregadas nin participan en actividades de educación e formación, en particular, no contexto da garantía xuvenil.

• Prioridade de investimento 8.2. Integración sustentable no mercado de traballo das persoas mozas que non estean empregadas nin participen en actividades de educación nin formación, así como os mozos e mozas que corren o risco de sufrir exclusión social e mais os/as procedentes de comunidades marxinadas, en particular no contexto da garantía xuvenil.

• Obxectivo específico 8.2.2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais das persoas mozas non ocupadas nin integradas nos sistemas de educación ou formación.

• Medida 8.2.2.8. Programa de axudas para proxectos de mobilidade dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades de países europeos, de modo que complementan a súa competencia profesional e persoal, incrementando así as súas posibilidades de inserción laboral.

Así mesmo, estas axudas enmárcanse na convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil a nivel europeo liderada polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemaña elaborada no seo da TNL mobility http://www.tln-mobility.eu/EN/Home/home.html.

Os programas de mobilidade para a mellora das competencias profesionais dos/as mozos/as constitúe unha das medidas incluídas na liña de actuación principal de mellora da empregabilidade e encádranse no catálogo de actuacións recollidas no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX). A mobilidade por tanto, ten un efecto positivo, tanto na formación como na adquisición de experiencia oportuna para a incorporación ao mercado de traballo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumenten a empregabilidade dos mozos e mozas.

O Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX) regúlase no título IV, capítulo I, da Lei 18/2014, do 15 de outubro, de aprobación de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia (modificada pola disposición derradeira duodécima da Lei 25/2015, do 28 de xullo, de mecanismo de segunda oportunidade, redución da carga financeira e outras medidas da orde social) e as súas actuacións diríxense a mozos e mozas maiores de 16 ou de 18 anos (segundo o procedemento de que se trate) e menores de 30 anos.

Deste xeito, no marco de implementación do Sistema nacional de garantía xuvenil, a Consellería de Política Social considera prioritario apoiar medidas que incrementen as oportunidades de emprego para os mozos e as mozas, medidas que deben complementar a súa competencia profesional e persoal, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade. Así, concíbese o Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) para a realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos, de modo que incremente as posibilidades de inserción laboral.

Estas axudas estableceranse con cargo aos créditos que para cada ano se especifiquen na correspondente Lei de orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia e estarán cofinanciadas pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo. En cada convocatoria de axudas indicaranse as porcentaxes de cofinanciación dos fondos europeos e os créditos consignados a cada procedemento, así como as aplicacións orzamentarias ás que se imputan.

Estas axudas serán outorgadas en réxime de concorrencia competitiva, diferenciándose entre axudas de mobilidade individual para a mocidade, axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro e axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades locais.

A presente orde é coherente coa normativa comunitaria, en particular co Regulamento (CE) 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen as disposicións comúns relativas a Fondos Europeos e co Regulamento (UE) 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo, no eido da concesión e xustificación de axudas por medio dos custos simplificados que ten por obxectivo a simplificación da xestión administrativa e das obrigas de xustificación impostas a beneficiarios e beneficiarias. Nas bases do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) recóllese a dita posibilidade establecendo as axudas en función de custos unitarios suxeitos ao réxime de custos simplificados.

Esta convocatoria axústase ao disposto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia e, en concreto, no relativo aos principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión de axudas e subvencións, ao establecido no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, e ás disposicións aplicables da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, a Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e o Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006.

Na súa virtude, e no uso das atribucións que me confire o artigo 34.6 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, a Lei 2/2007, do 28 de marzo e a Lei 12/2007, do 27 de xullo.

DISPOÑO:

TÍTULO I
Bases xerais reguladoras das axudas

CAPÍTULO I
Finalidade, ámbito e réxime das axudas

Artigo 1. Obxecto, finalidade e vixencia

1. Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras que rexerán os procedementos de concesión de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos, e proceder á súa convocatoria para o ano 2016, con cargo ao Programa operativo de emprego xuvenil.

2. A finalidade do programa de mobilidade é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/as mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación e á adquisición da experiencia profesional necesaria para a incorporación ao mercado de traballo dunha maneira duradeira no tempo. Ademais, a mobilidade transnacional apoia a adquisición de competencias en idiomas estranxeiros que aumentan a empregabilidade das persoas novas.

3. A realización da mobilidade xerará o dereito ás persoas participantes para a expedición do certificado de experiencias en educación non formal en materia de xuventude, regulado na Orde do 26 de febreiro de 2015 (DOG núm. 57, do 25 de marzo).

4. As bases específicas reguladoras de cada un dos procedementos incorporaranse como anexo-A desta orde, que forma parte integrante dela.

5. Estas bases teñen vixencia indefinida.

Artigo 2. Procedementos que regulan estas axudas

As axudas á mobilidade establecidas nesta orde regularanse a través de tres procedementos distintos:

BS324A: axudas individuais de mobilidade, concedidas directamente pola Consellería de Política Social á mocidade galega.

BS324B: axudas a proxectos de mobilidade presentados por entidades sen ánimo de lucro, con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

BS324C: axudas para proxectos de mobilidade presentados por concellos, mancomunidades, agrupacións ou fusións de concellos segundo se indica no artigo 3 e máis concretamente no anexo-A, base 3ª.

Artigo 3. Persoas/entidades beneficiarias da subvención

1. As persoas e entidades beneficiarias desta axuda varían en función do procedemento de que se trate. Os requisitos para participar en cada un deles regúlanse no anexo-A desta orde:

BS324A. Mozos e mozas individualmente, inscritos no SNGX, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

BS324B. Entidades sen ánimo de lucro que con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

BS324C. Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

2. Serán excluídas as persoas e entidades solicitantes que se atopen nalgunha das situacións de prohibición recollidas no artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Non poderán obter a condición de beneficiarias aquelas persoas/ entidades que non se atopen ao corrente no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social, ou teñan pendente de pagamento algunha outra débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

Artigo 4. Destinatarios/as das prácticas formativas non laborais: participantes das mobilidades

As persoas destinatarias das mobilidades, ademais dos requisitos que poidan esixir as distintas convocatorias e os procedementos específicos destas bases reguladoras, deberán cumprir os requisitos exixidos no Sistema nacional de garantía xuvenil (SNGX).

1. Estar inscritos/as no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Ter menos de 30 anos. O requisito de idade debe cumprirse no momento de solicitar a inscrición no ficheiro do SNGX.

3. Ademais dos requisitos anteriores, en coherencia coa citada Lei 18/2014 deberán cumprir:

a) Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

b) Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

c) Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación.

No suposto de que a persoa interesada en inscribirse no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, considerarase que o requisito da letra b) queda suxeito a non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores.

Os requisitos establecidos neste artigo, agás o de idade, deberán manterse no momento da selección das persoas que participarán nas mobilidades.

Artigo 5. Financiamento

1. O orzamento máximo destas axudas fixarase en cada convocatoria detallando o importe asignado a cada procedemento, sempre que exista crédito suficiente nas aplicacións orzamentarias da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, aprobadas pola Lei de orzamentos de cada exercicio.

2. Os importes de cada convocatoria poderán ser incrementados ou minorados como consecuencia da asignación ou da redistribución de fondos destinados ao financiamento dos programas do Sistema nacional de garantía xuvenil, nos supostos e nas condicións previstas nos artigos 30 e 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 6. Criterios para o cálculo das axudas

Para o cálculo das axudas que regula esta orde, teranse en conta os criterios definidos nos distintos puntos deste artigo. En cada procedemento aplicaranse os criterios enumerados no anexo-A destas bases reguladoras e os importes correspondentes a cada un deles estableceranse en cada orde de convocatoria.

1. Apoio á organización e execución da mobilidade. Contribución aos custos soportados polas entidades en relación coas actividades que apoian a mobilidade, entre os que se inclúen:

a) Apoio a aspectos organizativos. Custos directamente relacionados coa organización das actividades de mobilidade: o proceso selectivo, a información e difusión da convocatoria, a preparación dos acordos, a xestión coas entidades socias de acollida -excepto os custos de viaxe e estadía-, a preparación pedagóxica e sociocultural e orientación laboral das persoas participantes, as necesidades especiais e o apoio lingüístico.

O apoio lingüístico terá a finalidade de mellorar o coñecemento da lingua que utilizarán os participantes para a realización da estadía formativa e terá unha duración mínima de 10 horas acreditadas por profesionais con indicación dos contidos impartidos no nivel que corresponda do MCERL.

Son custos unitarios, baseados no número de participantes na mobilidade.

b) Apoio á execución do proxecto. Divídese en dous conceptos: axudas para a entidade beneficiaria (de envío) e axudas para a entidade socia de acollida das mobilidades.

1º. Apoio para entidade de envío. Apoio para os gastos que soporten as persoas que as entidades beneficiarias designen como responsables do proxecto e/ou como mentor/es das mobilidades, no relativo á busca de socios, sinatura de acordos de acollida, supervisión e seguimento dos participantes e preparación de disposicións eficientes de titoría. Son custos elixibles polo tanto: os gastos da viaxe ao país ou países de destino o transporte local no dito país, os gastos de aloxamento e manutención e os seguros de accidentes e responsabilidade civil ou sanitarios, de ser o caso.

Trátase de custos unitarios baseados nas mesmas axudas de viaxe, manutención e aloxamento indicadas para os/as participantes nos puntos 2 e 3 deste e variarán en función do número de países de destino, o número de mobilidades e a súa duración. En cada convocatoria de axudas indicaranse o número máximo de viaxes que poderá facer cada mentor e/ou representante, así como o número máximo de estadías subvencionables.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida. Apoio para os gastos que realice a entidade socia de acollida no país de realización das prácticas. Son gastos elixibles os custos administrativos, os derivados da contratación do titor de acollida, as actividades pedagóxicas e formativas durante a estancia, custos de asesoramento para a redacción e tradución de documentación vinculada co proxecto. Estas axudas baséanse en custos unitarios diarios que dependerán da duración das mobilidades e do número de países de destino. Cada convocatoria establecerá o número máximo de días subvencionables.

Entidade ou socio de acollida non é o mesmo que empresa/entidade de realización das prácticas formativas non remuneradas. A entidade socia de acollida deberá xestionar conxuntamente coa entidade beneficiaria as mobilidades segundo as condicións establecidas no anexo IV.

2. Viaxe. Contribución aos gastos de viaxe de ida e volta das persoas participantes, determinado en custos unitarios, segundo a distancia ao lugar de realización das prácticas.

Os transportes locais en destino (viaxe diaria ao lugar de realización das prácticas) non son considerados como gastos de viaxe e quedan incluídos na partida de aloxamento e manutención.

3. Aloxamento e manutención das persoas participantes. Inclúe, ademais do transporte local, o seguro de accidentes e responsabilidade civil, así como o seguro médico no caso de que a persoa participante non teña dereito á tarxeta sanitaria europea. Determínase en custos unitarios, segundo o lugar de realización das prácticas.

4. Apoio lingüístico. Custos relacionados co apoio ás persoas beneficiarias de axudas individuais (antes da súa partida ou durante á súa estadía) co fin de mellorar o seu coñecemento da lingua que utilizarán para a realización da estadía formativa. Trátase de custos unitarios por cada beneficiario/a.

O apoio lingüístico refírese a unha formación en lingua estranxeira que require dun mínimo de 10 horas acreditadas por profesionais, con indicación dos contidos impartidos no nivel que corresponda do MCERL.

Artigo 7. Incompatibilidades das axudas

Non se poderá participar en máis dunha mobilidade a cargo deste Programa no mesmo ano. Ademais, estas axudas son incompatibles con calquera outro tipo de axudas ou bolsas de institucións públicas, nacionais, da Unión Europea ou de organismos internacionais, destinadas a actividades similares.

A incompatibilidade aplícase ao ano de referencia de obtención da axuda para a realización do proxecto de mobilidade.

Non poderán participar no Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) aquelas persoas que participasen doutras convocatorias e abandonasen o programa sen causa xustificada.

Artigo 8. Consentimentos e autorizacións

1. A tramitación do procedemento require a incorporación de datos en poder das Administracións públicas. Polo tanto, os modelos de solicitude incluirán autorizacións expresas ao órgano xestor para realizar as comprobacións oportunas que acrediten a veracidade dos datos. No caso de que non se autorice o órgano xestor para realizar esta operación, deberán achegarse os documentos comprobantes dos datos, nos termos exixidos nesta orde de convocatoria.

2. As solicitudes das persoas interesadas deberán achegar os documentos ou informacións previstos nesta norma, salvo que estes xa estean en poder da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia; neste caso, as persoas interesadas poderán acollerse ao establecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, sempre que se faga constar a data e o órgano ou a dependencia en que foron presentados ou, se é o caso, emitidos, e cando non transcorresen máis de cinco anos desde a finalización do procedemento a que correspondan.

Nos supostos de imposibilidade material de obter o documento, o órgano competen¬te poderá requirirlle á persoa solicitante ou representante a súa presentación ou, no seu defecto, a acreditación por outros medios dos requisitos a que se refire o documento, con anterioridade á formulación da proposta de resolución.

3. A presentación de solicitude de concesión de subvención pola persoa interesada ou representante comportará a autorización ao órgano xestor para solicitar as certificacións que deban emitir a Axencia Estatal da Administración Tributaria, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social e a Axencia Tributaria de Galicia, segundo o establecido no artigo 20.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Non obstante, a persoa solicitante ou representante poderá denegar expresamente o consentimento, en cuxo caso deberá presentar as certificacións nos termos previstos regulamentariamente.

4. De conformidade coa norma autonómica reguladora da transparencia e bo goberno, e segundo o previsto no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, polo que se regulan os rexistros públicos creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2006, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado publicará na súa páxina web http://xuventude.xunta.es, e na páxina de garantía xuvenil http://garantiaxuvenil.xunta.es a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

5. En cumprimento do disposto no artigo 20 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, o texto da convocatoria e a información requirida no ordinal oitavo do devandito artigo será comunicado á Base de datos nacional de subvencións (BDNS). A BDNS dará traslado ao Diario Oficial de Galicia do extracto da convocatoria para a súa publicación.

Artigo 9. Datos de carácter persoal

Segundo o disposto na Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal, os datos persoais recollidos na tramitación desta orde, cuxo tratamento e publicación autorizan as persoas interesadas mediante a presentación das solicitudes, serán incluídas nun ficheiro denominado «Relacións coa cidadanía e entidades». O órgano responsable deste ficheiro é a Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición poderanse exercer perante esta Secretaría Xeral Técnica, mediante o envío dunha comunicación ao seguinte enderezo: Consellería de Política Social, Secretaria Xeral, Edifico Administrativo San Caetano 15781, Santiago de Compostela, ou a través dun correo electrónico a sxt.politica.social@xunta.es.

CAPÍTULO II
Solicitudes, documentación e procedemento de concesión

Artigo 10. Presentación de solicitudes e documentación complementaria

1. As solicitudes de axudas reguladas nos distintos procedementos desta orde deberán formalizarse por separado para cada un deles, no modelo de solicitude sinalado para cada procedemento no anexo-A, e estarán dirixidas á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. As solicitudes de axudas individuais (Procedemento BS324A) deberán presentarse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

As entidades locais (BS324C) e as entidades sen ánimo de lucro (BS324B) presentarán as súas solicitudes unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.es, de acordo co establecido nos artigos 27 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 24 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia a nas entidades dela dependentes. Para a presentación das solicitudes será necesario o documento nacional de identidade electrónico ou calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia

3. A presentación da solicitude implica a aceptación das bases.

4. A documentación complementaria será a indicada no anexo-A para cada procedemento. Esta documentación poderá presentarse electronicamente na sede electrónica da Xunta, utilizando calquera procedemento de copia dixitalizada do documento orixinal. Neste caso, as copias dixitalizadas presentadas garantirán a fidelidade co orixinal baixo a responsabilidade da persoa solicitante. A Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada segundo o disposto no artigo 35.2 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e 22.3 do Decreto 198/2010, do 2 de decembro, polo que se regula o desenvolvemento da Administración electrónica na Xunta de Galicia e nas entidades dela dependentes.

A documentación complementaria tamén poderá presentarse en formato papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

As copias dos documentos gozarán da mesma validez e eficacia que os seus orixinais sempre que exista constancia de que sexan auténticas.

Para as solicitudes presentadas por entidades locais ou agrupacións delas, a documentación complementaria presentarase preferentemente por medios electrónicos.

5. A sede electrónica da Xunta de Galicia ten á disposición das persoas interesadas unha serie de modelos normalizados dos trámites máis comunmente utilizados na tramitación administrativa, que poderán ser presentados electronicamente accedendo á Carpeta do cidadán da persoa interesada ou presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

6. O prazo xeral para a presentación das solicitudes de axuda non será inferior a un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e respectaranse, de ser o caso, o prazo concreto establecido en cada orde de convocatoria.

Artigo 11. Resolución de dúbidas

1. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou, no caso de máis información durante o proceso de obtención dos formularios e da súa presentación por vía electrónica, as persoas interesadas poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao enderezo electrónico 012@xunta.es.

2. Se as dúbidas están relacionadas coa presente convocatoria, poderán facer as súas consultas:

– Para axudas individuais de mobilidade, galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es

– Para axudas a proxectos de mobilidade, galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es

Artigo 12. Emendas e defectos

Se na solicitude se aprecian defectos ou falta de documentación, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado requirirá o/a mozo/a ou a entidade solicitante para que nun prazo de dez días emende a falta ou achegue os documentos preceptivos. Se non o fai, considerarase que desistiu da súa petición, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo da resolución que será ditada nos termos do artigo 42 da referida lei.

Artigo 13. Comisión de avaliación

1. A comisión de avaliación será única para todos os procedementos regulados nesta orde e estará integrada polos/as seguintes membros:

Presidente/a: a persoa titular da Subdirección de Programas para a Xuventude, ou persoa en quen delegue.

Secretario/a: un/unha funcionario/a da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Vogais:

– A persoa titular da xefatura de Servizo de Programas e Mobilidade Xuvenil.

– O/a xefe/a de Sección de Programas Europeos.

– Dous/dúas técnicos/as da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

2. Esta comisión poderá adoptar validamente os seus acordos sempre que asistan a ela a persoa que exerce a presidencia, ou persoa na que delegue, 2 vogais e o secretario ou secretaria. Se por calquera causa, no momento en que a comisión de avaliación teña que examinar as solicitudes, algunha das persoas que a compoñen non puidese asistir, será substituído polo funcionario ou a funcionaria que para o efecto designe a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Artigo 14. Instrución

1. A instrución de todos os procedementos regulados nesta orde correspóndelle á Subdirección Xeral de Promoción de Actividades da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, e levarase a cabo conforme o estipulado no artigo 21 da Lei de subvencións de Galicia.

2. No caso de solicitudes individuais presentadas polos mozos e mozas e coa finalidade de comprobar a adecuación do/da solicitante á subvención, simultaneamente á emenda de deficiencias materiais da documentación, todas as persoas solicitantes serán convocadas por vía telemática, a realizar un test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade, especificando día, hora e lugar. Unha vez realizados os test por todas as persoas solicitantes porase á súa disposición o cadro de persoal de respostas correctas.

O test será realizado e avaliado, por técnicos/as designados/as pola Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que deixarán constancia no expediente do resultado e da valoración efectuada. Non obstante, a avaliación do dito test aos/ás solicitantes que foran requiridos/as para emendar a documentación presentada quedará condicionada á efectiva emenda en tempo e forma.

3. No caso de proxectos de mobilidade presentados por entidades, unha vez avaliados todos os proxectos presentados, a comisión de avaliación emitirá un informe no cal se concretará o resultado da avaliación e a prelación dos proxectos por orde decrecente de puntuación.

4. A comisión de avaliación realizará un informe por procedemento e neles constará, ademais do indicado nos puntos precedentes, a relación das solicitudes que non foron admitidas a trámite ou excluídas, motivando a causa da dita inadmisión ou exclusión. Os ditos informes serán elevados ao órgano instrutor.

Artigo 15. Criterios obxectivos de adxudicación das subvencións

1. O procedemento de concesión das axudas será en réxime de concorrencia competitiva e conforme os principios de publicidade, transparencia, igualdade e non discriminación.

2. Os criterios de valoración das solicitudes serán os recollidos para cada procedemento no anexo-A. Como resultado da aplicación dos criterios de valoración obterase unha relación ordenada de todas as solicitudes que cumpren coas condicións establecidas nas bases reguladoras para adquirir a condición de beneficiario ou beneficiaria, con indicación da puntuación outorgada a cada unha delas.

Artigo 16. Proposta de resolución

1. O órgano instrutor, á vista dos expedientes e dos informes da comisión de avaliación, elevará ao órgano competente para resolver a proposta de resolución das axudas de cada procedemento.

Farase unha proposta de resolución por procedemento e cada unha delas concretará:

a) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a concesión da axuda. Esta concesión efectuarase, consonte a orde de prelación establecida no informe da comisión de avaliación, ata esgotar o crédito orzamentario correspondente en cada caso.

b) O importe da axuda concedida a cada beneficiario/a.

c) As persoas ou entidades solicitantes para as cales se propón a denegación da axuda e os motivos da denegación.

2. En cada convocatoria, as persoas ou entidades solicitantes que non sexan propostas como adxudicatarias inicialmente por esgotarse o crédito orzamentario correspondente pasarán a conformar unha lista de reserva, que formará igualmente parte da proposta de resolución no procedemento que corresponda, coa finalidade prevista no punto 4.

3. As relacións provisionais de persoas/entidades excluídas, a de admitidas, (beneficiarias e mais a lista de espera), coa puntuación obtida e a axuda concedida serán publicadas na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es e tamén en http://garantiaxuvenil.xunta.es. As persoas e entidades interesadas terán o prazo dos tres días hábiles posteriores á data da exposición pública da relación provisional para efectuar as reclamacións que consideren oportunas. As ditas reclamacións entenderanse resoltas coa publicación da listaxe definitiva.

4. En cada convocatoria, no caso de producirse renuncias a estas axudas por parte das persoas ou entidades beneficiarias, o órgano instrutor poderá realizar, se o considera oportuno, novas propostas de resolución de concesión destas aos beneficiarios e beneficiarias incluídos na lista de reserva correspondente, con atención rigorosa á orde establecida nela, e sempre que exista crédito axeitado e suficiente.

Así mesmo, no suposto de ampliación do crédito e ata o límite do crédito dispoñible, o órgano instrutor proporá novas concesións de axudas á solicitude ou solicitudes seguintes na orde de puntuación, sen necesidade dunha nova convocatoria.

5. Desde o 15 de setembro do ano da convocatoria de axudas, malia a existencia das listas de espera, non se realizarán novas propostas de resolución, co fin de que se poidan rematar as mobilidades obxecto desta orde no prazo máximo previsto.

Artigo 17. Resolución

1. O órgano instrutor elevará a proposta de resolución definitiva á persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, quen, por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social e logo da fiscalización da Intervención, ten a competencia para a adxudicación das axudas mediante a correspondente resolución, que se notificará ás persoas solicitantes no prazo de cinco meses desde a publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente.

A resolución de concesión fixará expresamente:

a) O importe concedido.

b) O prazo de execución das mobilidades.

c) A finalidade da axuda.

d) A totalidade das obrigas que contraen os/as beneficiarios/as.

e) Farase referencia ao cofinanciamento pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo e a porcentaxe de cofinanciación, dentro do Programa operativo de emprego xuvenil, no eixe prioritario 5, prioridade de investimento 8.2, obxectivo específico 8.2.2, medida 8.2.2.8: Programa de axudas para proxectos de mobilidade transnacional dirixido á mocidade para a realización de prácticas formativas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos.

2. Ao abeiro do disposto no artigo 59.6.b) da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común, a notificación da resolución realizarase exclusivamente a través de súa publicación na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es, e na páxina http://garantiaxuvenil.xunta.es.

No mesmo intre da publicación da resolución poñerase á disposición dos/das beneficiarios/as, a través das páxinas web indicadas e mediante correo electrónico un cuestionario en formato electrónico cos datos relativos aos indicadores de execución que require o Programa operativo de emprego xuvenil de entre os relacionados no anexo IX (todos os recollidos nos anexos I e II do Regulamento (UE) 1304/2013).

A resolución comprenderá o acto de outorgamento da axuda que será efectiva desde o día seguinte ao da súa publicación. Malia isto, a efectividade da resolución estará condicionada a que o/a beneficiario/a a acepte expresamente e concrete a entidade/empresa ou o/a socio/a de acollida das prácticas, mediante a entrega dos anexos III e IV (IV-A, IV-B ou IV-C segundo corresponda a cada procedemento) e mailo cuestionario indicado no último parágrafo do punto precedente (integramente cuberto), nos prazos e lugares sinalados no artigo seguinte.

Os prazos para presentar a documentación comezarán a contar desde o día seguinte ao da publicación da resolución de beneficiarios/as na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

Para os/as beneficiarios/as das axudas que non presenten en prazo e forma os anexos III e IV, e o cuestionario de indicadores de execución, a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado declarará a perda do dereito á axuda, sen que esta declaración dea lugar a ningún tipo de dereito indemnizatorio para a persoa ou entidade interesada. A resolución declarando a perda do dereito publicarase na páxina web http://xuventude.xunta.es e tamén en http://garantiaxuvenil.xunta.es.

3. A Consellería de Política Social reservase para si o dereito de controlar e comprobar a execución desta axuda cando o considere conveniente, así como de divulgar e de dar a coñecer publicamente as actividades subvencionadas.

4. Sen prexuízo do previsto no artigo 24 desta orde, toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da axuda ou subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, estatais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión e, eventualmente, ao seu reintegro.

5. A resolución recaída neste procedemento pon fin á vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución, se o acto fose expreso, ou no prazo de tres meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ante o mesmo órgano que as ditou ou ser impugnadas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses se o acto é expreso e de seis meses se é presunto, contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución ou do día seguinte a aquel en que, de acordo coa súa normativa específica, se produza o acto presunto (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Artigo 18. Efectividade da resolución

Para a efectividade da resolución os/as beneficiarios/as destas axudas deberán presentar perante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

1. No prazo de 10 días hábiles, o anexo III cuberto mediante o cal acepta ou renuncia á axuda. Este anexo poderase entregar en calquera dos rexistros das administracións públicas, seguindo o mesmo procedemento indicado para a presentación de solicitudes no artigo 8 desta orde de convocatoria.

Se o/a beneficiario acepta a axuda marcará o cadro correspondente e indicará o número de conta bancaria da que sexa titular (código IBAN).

No caso de solicitar o anticipo previsto no artigo 21.2 terá que indicalo no mesmo anexo III marcando o cadro previsto para o efecto.

Neste mesmo prazo deberán remitir o cuestionario de indicadores de execución indicado no artigo 17.2 integramente cuberto.

2. Ademais, no prazo común de 20 días hábiles, e sempre que non o presentaran xa con anterioridade, remitirán por correo electrónico:

– As persoas beneficiarias que presentaron solicitude individual de mobilidade (dirixido a galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es), o Anexo IV-A ou compromiso da empresa /entidade de destino a acoller á persoa beneficiaria para realizar as prácticas formativas. O anexo deberá estar asinado pola persoa responsable da empresa/entidade.

– As entidades que presentaron proxectos de mobilidade (dirixido a galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es), o acordo entre a entidade concesionaria da subvención e a entidade socia na acollida das mobilidades, debidamente cuberto e selado por ambas as partes, no que conste o compromiso para a realización das prácticas e o número máximo de persoas que se poden beneficiar, segundo o modelo establecido no anexo IV.

3. No caso de mobilidades individuais, os mozos e mozas beneficiarios/as serán convocados mediante correo electrónico a unhas sesións formativas sobre o programa de mobilidade, previas ao inicio da realización das prácticas que serán de asistencia obrigatoria, agás xustificación motivada por escrito.

Artigo 19. Publicidade das subvencións

1. De acordo co establecido no artigo 14 letra ñ) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, os/as beneficiarios/as quedan informados/as da existencia do Rexistro Público de Subvencións e dos aspectos previstos no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de protección de datos de carácter persoal.

2. Así mesmo, e tal como se recolle no artigo 15.1 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, os órganos administrativos concedentes procederán a publicar no Diario Oficial de Galicia as subvencións concedidas, indicando a convocatoria, o programa e crédito orzamentario ao que se imputan, os/as beneficiarios/as, a cantidade concedida e a finalidade da subvención.

3. Os/as beneficiarios/as das axudas concedidas incluiranse no Rexistro de Axudas, Subvencións e Convenios e mais no de Sancións, creados nos artigos 44 e 45 da Lei 7/2005, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2006.

4. O nome das entidades beneficiarias será publicado na lista de operacións do Programa operativo de emprego xuvenil prevista no artigo 115 do Regulamento (UE) 1303/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao FSE e outros fondos.

CAPÍTULO III
Xustificación e pagamento das axudas

Artigo 20. Xustificación da axuda

1. Finalizada a estadía para a realización das prácticas formativas as persoas e as entidades beneficiarias procederán á xustificación da axuda concedida, mediante a presentación na Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, da documentación que se indica para cada procedemento no anexo-A.

2. Os órganos competentes da Consellería de Política Social poderán solicitar as aclaracións ou informes dos medios de xustificación que consideren oportunos.

3. En cada convocatoria fixarase o prazo máximo para a presentación da xustificación das axudas concedidas. Transcorrido o prazo máximo, que estableza cada orde de convocatoria, sen ter presentado perante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a dita xustificación, esta requirirá as persoas ou entidades beneficiarias para que no prazo improrrogable de 10 días a presenten. A falta de presentación da xustificación no prazo establecido neste parágrafo comportará a perda do dereito ao cobramento da subvención e a exixencia do reintegro e demais responsabilidades establecidas na Lei de subvencións de Galicia, polo que o órgano competente para resolver ditará resolución para o efecto que será notificada aos/ás interesados/as.

A presentación da xustificación no prazo adicional establecido no parágrafo anterior non eximirá a beneficiaria das sancións que, conforme a lei, correspondan.

4. Sen prexuízo do establecido no punto precedente, a xustificación dos custos unitarios establecidos nesta orde, con base na súa consideración de custos simplificados, realizarase en función da xustificación das mobilidades efectivamente realizadas aos países de acollida das prácticas e da comprobación da realización das prácticas formativas non laborais nos ditos países, conforme a regulación de custos simplificados estipulada no artigo 14.1 do Regulamento (UE)1304/2014, e no artigo 67.1b) e 131.2 do Regulamento (UE) 1303/2013 e do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro.

Artigo 21. Pagamento da axuda

1. Unha vez recibida e comprobada a documentación xustificativa, poderase proceder ao pagamento da axuda concedida. No caso de que o gasto certificado sexa inferior ao orzamento da axuda e no caso de incumprimento de obrigas, a contía da axuda será minorada de maneira proporcional e seguindo os criterios sinalados no artigo 24.

2. De acordo co previsto nos puntos 1 e 3 do artigo 63 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, faránselles pagamentos anticipados do gasto consistentes no 80 % da subvención concedida, como financiamento necesario para poder levar a cabo as actuacións inherentes á subvención, a aquelas persoas ou entidades beneficiarias que o soliciten expresamente, unha vez publicada a concesión da axuda, na forma e no prazo establecido no artigo 16 desta orde de convocatoria.

3. Non se poderán realizarse pagamentos da subvención, de acordo co artigo 31 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, en canto o beneficiario non se atope ao día no cumprimento das súas obrigas tributarias e fronte á Seguridade Social, teña pendente de pagamento algunha débeda coa Administración pública da Comunidade Autónoma ou sexa debedor por procedencia de reintegro.

4. No caso de que se produzan reducións na duración das prácticas ou no número de mobilidades, respecto da concesión inicial, procederase á redución proporcional da subvención concedida.

CAPÍTULO IV
Obrigas, incumprimento e reintegro

Artigo 22. Obrigas dos/das beneficiarios/as

1. As persoas/entidades beneficiarias das subvencións previstas nesta orde, ademais de cumpriren as obrigas establecidas pola normativa aplicable con carácter xeral a axudas e subvencións públicas, deberán:

a) Realizar as mobilidades para as cales se concede a subvención, de conformidade coas disposicións previstas nesta orde e nas resolucións, instrucións ou circulares que a desenvolvan.

b) Acreditar ante a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a realización das actividades e o cumprimento dos requisitos exixidos para a concesión da axuda ou subvención, achegando a documentación que lles sexa requirida co fin de comprobar o cumprimento das obrigas que derivan da dita concesión.

c) Someterse ás actuacións de comprobación efectuadas pola Consellería de Política Social e ás da Inspección de Traballo e Seguridade Social, ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, ás previstas na lexislación do Consello de Contas, así como o Tribunal de contas as relativas ás verificacións que poidan realizar os organismos implicados na xestión e seguimento do FSE e da YEI, que comprenderán as oportunas visitas sobre o terreo, e ás que poidan corresponder, no suposto de cofinanciamento á Comisión e ao Tribunal de Contas das Comunidades Europeas.

d) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado calquera modificación das condicións tidas en conta para a concesión da subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos polos/as beneficiarios/as e, de ser o caso, a obtención concorrente de subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien as actividades subvencionadas, procedentes de calquera outra Administración ou ente público estatal ou internacional. Esta comunicación deberá efectuarse tan pronto como se coñeza e, en todo caso, con anterioridade á xustificación da aplicación dada aos fondos percibidos.

e) Cumprir cantas obrigas deriven da normativa de aplicación do cofinanciamento polo FSE e a Iniciativa europea de garantía xuvenil, de conformidade co establecido no artigo seguinte.

f) Así mesmo, deberán subministrar á Administración concedente a información necesaria ao abeiro do disposto no artigo 4 da Lei 1/2016, do 8 de xaneiro.

2. As obrigas específicas segundo o tipo de beneficiarios/as das axudas establécense no anexo-A desta orde de convocatoria para cada procedemento.

Artigo 23. Obrigas das entidades beneficiarias relativas ao cofinanciamento pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo

Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos cofinanciados polo FSE ao abeiro do Programa operativo de emprego xuvenil para o período 2014-2020, mediante as subvencións reguladas nesta orde a entidade beneficiaria deberá someterse, segundo a normativa europea que resulte de aplicación ao cumprimento das seguintes obrigas:

1. Respectar as normas de subvencionabilidade do gasto financiado polo FSE, regu-ladas mediante os artigos 69 e 125 do Regulamento (UE) 1303/2013, do 17 decembro de 2013, e o artigo 13 do Regulamento (UE) 1304/2013, do 17 de decembro de 2013, así como as que se diten no seu desenvolvemento para o período 2014-2020.

2. Cumprir coas medidas de información, publicidade e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013. En concreto:

– Para os efectos de difusión pública, deberán identificar convenientemente as actividades, e servizos que desenvolva o proxecto subvencionado, especialmente a través de publicidade estática realizada por medio de carteis (tamaño mínimo A3) ou paneis que, colocados en lugar visible, informarán do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) pola Unión Europea, a través do Fondo Social Europeo, Programa operativo de emprego xuvenil.

– Así mesmo, informarase ás persoas destinatarias das mobilidades de que o programa Galeuropa está cofinanciado pola Xunta de Galicia (Consellería de Política Social), pola Iniciativa de emprego xuvenil e o Fondo Social Europeo, así como da finalidade da subvención, figurando todos os emblemas nas comunicacións. Tamén deberán facer unha breve descrición da operación na súa páxina web destacando o apoio financeiro da Unión Europea.

3. Relacionadas cos sistemas de xestión e control e sen prexuízo da obriga de xustificación das subvencións percibidas nos termos establecidos na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, e na presente norma, deberán:

a) Manter un sistema de contabilidade separada ou unha codificación contable adecuada de todas as transaccións realizadas con cargo aos proxectos subvencionados polo FSE e a Iniciativa de emprego xuvenil.

b) Manter unha pista de auditoría suficiente e conservar os documentos xustificativos da aplicación dos fondos recibidos, durante os tres anos seguintes á certificación dos gastos á Comisión Europea, de acordo co establecido no artigo 140.1 do Regulamento 1303/2013. A data de certificación dos gastos á Comisión Europea será oportunamente publicada no Diario Oficial de Galicia.

c) Realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de execución e resultados enumerados artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao FSE.

Artigo 24. Incumprimento de obrigas. Reintegro da subvención

1. O incumprimento total ou parcial por parte do/da beneficiario/a das obrigas establecidas nesta orde, así como na demais normativa aplicable e, con carácter xeral, ás axudas e subvencións públicas que se outorguen con cargo aos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, orixinará o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas en concepto de axudas ou subvencións máis os xuros de demora nas condicións e de conformidade co establecido na Lei 9/2007, do 13 de xuño, e sen prexuízo do establecido no texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto.

2. De conformidade co artigo 14.1.n) da Lei 9/2007, de subvencións de Galicia, o importe que se debe reintegrar determinarase de acordo cos seguintes criterios de gradación dos posibles incumprimentos das condicións impostas con motivo da concesión das subvencións:

a) Incumprimento das condicións exixidas para a concesión da axuda á persoa beneficiaria no caso de solicitudes individuais, e ás entidades beneficiarias noutro caso: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

b) Non realizar a actividade obxecto de subvención, ou adoptar un comportamento contrario ao que fundamenta a concesión da subvención: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable.

c) Incumprimento das obrigas de presentación de documentación esixida para a xustificación dos gastos: no caso de que non se presente ningunha documentación procederá o reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable. No suposto de presentación de parte da documentación exixida ou de presentación de documentación incorrecta, o importe que se vaia reintegrar será proporcional ao gasto non xustificado.

d) Incumprimento da obriga de presentar a certificación das prácticas formativas (anexo V) debidamente cubertas e asinadas, así como a proba documental de asistencia diaria ás prácticas: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non se certifiquen.

e) Incumprimento da obriga de devolver cubertos á Dirección Xeral de Xuventude os cuestionarios cos datos relativos aos indicadores de execución e de resultados que se lles soliciten: reintegro do 100 % sobre o gasto subvencionable das mobilidades que non acheguen os ditos datos.

f) Incumprimento das obrigas das entidades beneficiarias en materia de publicidade establecidas no artigo 23: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

g) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter un sistema de contabilidade separada prevista no artigo 23: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

h) Incumprimento da obriga das entidades beneficiarias de manter unha pista de auditoría suficiente prevista no artigo 23: reintegro do 2 % sobre o gasto subvencionable.

i) Incumprimento do horario e faltas de asistencia á práctica diaria.

1º. Descontarase un 1 % do gasto subvencionable nos conceptos de manutención e aloxamento por cada hora de ausencia, respecto das mínimas establecidas en cada convocatoria. No caso de non realizar parte das horas mensuais por causa xustificada e acreditada, as primeiras 10 horas non serán obxecto de reintegro ningún.

Estas porcentaxes só se aplicarán no caso de que exista un incumprimento horario sen que supoña falta de asistencia diaria á practica, noutro caso aplicarase o establecido no punto seguinte:

2º. Cando se produza unha falta de asistencia á práctica e cando os/as participantes nas mobilidades renuncien, abandonen ou interrompan as mobilidades, ou cando incumpran a obriga de realizar a duración mínima establecida para as prácticas formativas, procederá o reintegro da axuda en concepto de manutención e aloxamento proporcional ao número de días de prácticas deixados de realizar.

Poderán ser exceptuados das obrigas de reintegro por incumprimento horario e faltas de asistencia os casos de flexibilización de xornada e compensación horaria cando estean debidamente documentados e coa conformidade da empresa.

Considerase causa xustificada, en todo caso, a entrevista laboral ou a sinatura dun contrato de traballo, a concesión dunha bolsa de traballo ou de estudos, a realización de exames de estudos oficiais e a enfermidade grave da persoa participante ou a enfermidade grave/morte ou hospitalización dun familiar de ata 2º grao.

j) O incumprimento por parte das entidade beneficiarias da obriga de realizar a xornada de orientación co fin de facilitar a inserción laboral dos/das mozos/as participantes, unha vez rematadas as prácticas formativas e antes do vencemento do prazo de xustificación, dará lugar ao reintegro dun 10 % do total da axuda.

k) No caso de que as persoas participantes non observen un código ético de conduta durante a mobilidade e incumpran o establecido na letra h), apartado 6, base 1ª, anexo-A, logo de dar audiencia á persoa interesada e á vista do informe conxunto da persoa que titoriza as prácticas na empresa/entidade e da persoa representante desta, e por proposta da entidade beneficiaria cando proceda, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá ordenar a cancelación das prácticas.

l) Polo envío de participantes ás mobilidades sen obter da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado a verificación de que efectivamente están inscritos/as no ficheiro do SNGX e que poden ser beneficiarios/as das accións de mobilidade: reintegro das axudas de viaxe, manutención e aloxamento de cada participante que non fose obxecto de verificación.

m) Se durante a execución do programa o órgano xestor ten constancia de que o/a beneficiario/a obtivo outras axudas para a mesma actividade, ordenará o reintegro das cantidades percibidas indebidamente, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder.

3. Con independencia das causas de reintegro, a declaración xudicial ou administrativa de nulidade ou anulabilidade da resolución de concesión por concorreren as causas previstas nos artigos 62 e 63 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando concorra algunha das causas de reintegro antes referidas, comportará a obriga de devolver as cantidades percibidas.

Non procederá a revisión de oficio do acto de concesión cando concorra causa de reintegro.

4. As cantidades que se deban reintegrar terán a consideración de ingresos de dereito público e resultará de aplicación para o seu cobramento o previsto nos artigos 19 a 23 da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Artigo 25. Devolución voluntaria da axuda

De acordo co establecido no artigo 64 do Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, aprobado polo Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, as persoas e mais as entidades beneficiarias poderán realizar, sen o requirimento previo da Administración, a devolución total ou parcial da subvención concedida, mediante o seu ingreso na conta operativa do Tesouro da Xunta de Galicia ES82 2080 0300 87 3110063172 en concepto de devolución voluntaria da subvención.

En todo caso, a persoa beneficiaria deberá presentar ante o órgano concedente copia xustificativa da devolución voluntaria realizada, na cal conste a data do ingreso, o seu importe e o número de expediente e denominación da subvención concedida.

CAPÍTULO V
Avaliación, seguimento e control

Artigo 26. Asistencia, seguimento e avaliación

1. A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, é o órgano encargado de realizar as tarefas de supervisión, coordinación, asistencia técnica, seguimento e control da xestión dos proxectos, así como das axudas e subvencións concedidas.

2. Ademais de tramitar e resolver o expediente de solicitude e de transferir os fondos correspondentes, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través da Subdirección Xeral de Programas para a Xuventude, realizará as seguintes actuacións:

a) Asistencia, apoio e asesoramento técnico e administrativo ás persoas no caso de mobilidades individuais, e asistencia, apoio e asesoramento ás entidades promotoras dos proxectos, tanto na preparación do proxecto como no seu desenvolvemento e na realización das mobilidades para as que se concede a axuda, para os efectos de conseguir o éxito do proxecto (creación de emprego, cualificación, adquisición de experiencia e inserción laboral).

b) Seguimento da xestión:

– No caso de entidades, obtendo das persoas responsables dos proxectos, a información referente ás mobilidades que están a realizar, en canto ás datas de realización, as persoas que titorizan as prácticas, o persoal de apoio e calquera outro dato que se considere de interese para o seguimento puntual da xestión, especialmente daqueles que serviron de base para a concesión da subvención.

– En canto ás persoas beneficiarias individuais serán titorizados polo persoal da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado con experiencia en proxectos similares, como é o caso do programa europeo Erasmus + de realización de prácticas laborais en empresas de países europeos e mais o programa Galeuropa.

c) Control das axudas concedidas e liquidación do expediente.

d) Control dos resultados obtidos, segundo o establecido no artigo seguinte.

Artigo 27. Control dos resultados obtidos

A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado levará a cabo un control dos resultados obtidos cos proxectos de mobilidade:

a) Nas mobilidades individuais, mediante correo electrónico a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

– Convocará ás persoas beneficiarias das axudas a unha xornada formativa, de seguimento das actuacións de orientación co fin de facilitar a súa inserción laboral, que terá lugar no prazo máximo de 4 semanas desde o remate da última mobilidade individual. A asistencia á dita xornada será obrigatoria para todos/as, agás causa xustificada debidamente motivada por escrito.

– Remitirá un cuestionario electrónico mediante o cal se lles solicitarán os datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan de entre os que constan no anexo IX, e farase constar a obrigatoriedade de devolvelo cuberto, coa totalidade dos datos, a galeuropain-garantia.xuvenil@xunta.es, antes do día en que teña lugar a xornada formativa indicada no parágrafo precedente, so pena de reintegro da totalidade do gasto subvencionable de non o facer.

– No prazo de 6 meses, desde o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX.

b) Nos proxectos de mobilidades das entidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado:

– Antes de rematar o período de realización do proxecto remitiralles un cuestionario electrónico mediante o cal se lles solicitarán os datos relativos aos indicadores de resultados inmediatos que procedan, de entre os que constan no anexo IX. Estes datos serán referidos ás persoas participantes nas mobilidades no momento posterior ao remate das ditas mobilidades e as entidades terán a obriga de remitilos cubertos, coa totalidade dos datos solicitados a galeuropapr-garantia.xuvenil@xunta.es, no prazo máximo de 4 semanas desde o remate do período de realización do proxecto, so pena de reintegro da totalidade do gasto subvencionable de non o facer.

– No prazo de 6 meses, dende o remate do período de realización das mobilidades, a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado poderá requirir a actualización destes datos, coa finalidade de cubrir os indicadores de resultado a longo prazo que se reflicten no anexo IX.

c) A información obtida será posta en coñecemento da rede de técnicos de orientación laboral específicos do Servizo Público de Emprego de Galicia, polo mecanismo de coordinación que se determine, para os efectos dun mellor cumprimento dos obxectivos do Sistema nacional de garantía xuvenil.

CAPÍTULO VI
Proxectos subvencionables das entidades (procedementos BS324B e BS324C)

Artigo 28. Persoas destinatarias dos proxectos. Convocatoria e selección

1. Serán destinatarios/as dos proxectos os mozos e as mozas que cumpran cos requisitos establecidos no artigo 4 desta orde. Poderán ter como idade mínima 18 ou 16 anos, segundo o que establezan as convocatorias de mobilidade de cada entidade beneficiaria. Correrá a cargo das entidades promotoras dos proxectos obter os correspondentes permisos paternos/maternos no caso de menores de idade.

2. Será responsabilidade das entidades obter con carácter previo á realización das mobilidades:

a) A verificación por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado de que cada participantes seleccionado/a pola entidade está inscrito/a no ficheiro do SNGX e cumpre os requisitos necesarios para ser beneficiario/a dunha acción de mobilidade.

b) Unha declaración responsable dos/as participantes seleccionados/as (que deberá ser enviada á Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado no prazo indicado nos puntos 6.g.1º das bases 2ª e 3ª do anexo-A) na que conste:

– Que non recibiron accións educativas que impliquen máis de 40 horas mensuais nos 90 días previos á selección (agás que tivese finalizada a súa participación no sistema educativo, caso no que se consideran 40 horas mensuais nos 30 días naturais anteriores).

– Que non recibiron accións formativas de máis de 40 horas mensuais nos 30 días anteriores á dita selección.

c) O compromiso asinado polas persoas participantes nas mobilidades, no que estas adquiren coas entidades beneficiarias das axudas idénticas obrigas ca os/as participantes beneficiarios/as individuais en canto ao estipulado na base 1ª, punto 6 letras d) e) g) e h).

3. Para garantir os principios publicidade, igualdade e libre concorrencia, o estrato da convocatoria de mobilidades de todas as entidades beneficiarias será publicado na páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado http://xuventude.xunta.es, e na páxina de garantía xuvenil http://garantiaxuvenil.xunta.es. Para tal efecto, no prazo dos 3 días seguintes á publicación da resolución de concesión das axudas, as entidades beneficiarias enviarán a galeuropapr-garantíaxuvenil@xunta.es un estrato da convocatoria á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, que conterá, como mínimo, a idade mínima dos/as participantes, o lugar e prazo de presentación de solicitudes (mínimo 10 días e máximo 1 mes), os destinos das mobilidades e un teléfono ou e-mail de contacto.

Ademais, as entidades deberán publicar a convocatoria de mobilidade nalgún dos seguintes medios: páxina web, redes sociais ou radio/prensa local. Nos concellos deberá publicarse tamén no taboleiro de anuncios:

4. A selección das persoas participantes nas mobilidades farase conforme os principios de publicidade e concorrencia competitiva, entre persoas inscritas no ficheiro do SNGX.

O proceso selectivo que deberán realizar as entidades beneficiarias deberá seguir as seguintes normas:

a) Establecerase unha puntuación máxima de 10 puntos no proceso selectivo.

b) Valoraranse, en primeiro lugar, as solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa, tendo en conta uns criterios mínimos de avaliación, que son:

I. A antigüidade no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma, desde a data de inscrición no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

II. Valorarase a maior idade fronte a menor ata 1,20 puntos (terase en conta a idade do día que finalice o prazo de presentación de solicitudes).

De 28 a 29 anos: 1,20 puntos.

De 26 a 27 anos: 1 punto.

De 24 a 25 anos: 0,80 puntos.

De 22 a 23 anos: 0,60 puntos.

De 20 a 21 anos: 0,40 puntos.

De 18 a 20 anos: 0,20 puntos.

III. Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade: ata un máximo de 2,25 puntos. Consistirá en 15 preguntas tipo test, valoradas en 0,15 puntos cada unha. (Realizados os test por todas as persoas participantes porase á súa disposición o modelo de respostas correctas).

IV. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 1 punto.

V. Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

– En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde na que están establecidos.

– En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

– Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

c) No caso de que o número de solicitudes indicadas na letra b) deste artigo sexa inferior ao número de prazas ofertadas pola entidade beneficiaria, poderán valorarse outras solicitudes, seguindo o baremo establecido neste punto e sempre e cando, respecto de convocatorias anteriores do programa Galeuropa, sexa distinto o país de destino.

Artigo 29. Requisitos dos proxectos

1. O proxecto deberá presentarse xunto coa solicitude no modelo normalizado que figura como anexo II desta orde.

2. Só se poderá presentar un proxecto por entidade solicitante.

3. O número de mobilidades por proxecto será mínimo 4 e máximo 20, agás os proxectos conxuntos presentados nos supostos do punto 1, base 3ª do anexo-A, que terán como máximo 25 mobilidades.

Un mesmo proxecto pode realizar mobilidades en varios países (máximo 3) sempre e cando a cada país vaian un mínimo de 4 participantes.

4. As mobilidades dun proxecto poderán ser realizadas en distintos fluxos dentro da duración máxima do proxecto, ben que todas as mobilidades dun mesmo proxecto deberán ter a mesma duración.

5. A duración máxima do proxecto será de 9 meses.

6. Requisitos mínimos que deben cumprir os proxectos para poder participar.

6.1 Requisitos mínimos en recursos humanos. Cada proxecto debe contar:

a) Cunha persoa responsable do proxecto, que o coordine e xestione durante toda a duración deste.

b) Cunha persoa que exerza a figura de mentor e que se ocupe da formación dos/as participantes nas mobilidades e que titorice, xunto coa persoa da entidade socia de acollida, as estadías e as prácticas formativas.

c) Coas funcións de responsable do proxecto e de mentor poden ser realizadas pola mesma persoa, en calquera caso e para desempeñar calquera das dúas tarefas, requírese que a persoa teña titulación e/ou experiencia mínima dun ano no ámbito da xuventude e do emprego.

d) Requírese un mínimo de dedicación ao proxecto, obriga que se deberá cumprir en todas as fases do proxecto:

– Unha xornada completa (37 horas e media semanais) para un número de mobilidades entre 15 e 20.

– Media xornada para un número de mobilidades entre 9 e 14.

– Un cuarto de xornada para un número de mobilidades entre 4 e 8.

6.2. Requisitos mínimos para a preparación lingüística. A preparación lingüística deberá ser, como mínimo, de 10 horas e pode ser na lingua do país de destino ou na lingua na que se desenvolvan as prácticas formativas. Esta preparación lingüística poderá realizarse no país de orixe ou no país de realización da práctica formativa e deberá ser impartida por profesionais.

6.3. Como mínimo para a titorización, apoio e seguimento das mobilidades, designarase un mentor na entidade beneficiaria que realizará as funcións de seguimento das estadías e as prácticas formativas (función que pode ser compartida co mentor designado pola organización de acollida das prácticas).

6.4. Cada entidade beneficiaria contará cunha entidade socia de acollida en cada país de destino. Sinalaranse as tarefas que realizarán as organizacións de acollida, con nomeamento expreso do/s mentor/es.

7. A entidade beneficiaria deberá realizar por si mesma a actividade subvencionada, non cabendo a subcontratación. Queda fóra deste concepto a contratación daqueles gastos en que teña que incorrer o beneficiario para a realización por si mesmo da actividade subvencionada.

Artigo 30. Obxectivos dos proxectos subvencionables

Os proxectos de mobilidade desenvolverán accións encamiñadas á consecución dalgún dos seguintes obxectivos:

1. Mellorar o nivel de aptitudes e competencias clave dos/das participantes.

2. Reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais dos/das mozos/as non ocupados/as e non integrados/as nos sistemas de educación ou formación, contribuíndo á mellora da súa formación mediante a adquisición de experiencia profesional para a súa incorporación ao mercado de traballo.

3. Contribuír a facilitar aos mozos e mozas o seu acceso ao mercado de traballo, reducir os obstáculos lingüísticos e fomentar a súa autonomía persoal mediante a mellora da súa empregabilidade.

4. Potenciar os programas de educación non formal para que os mozos e mozas adquiran coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e profesional.

Artigo 31. Fases e contido dos proxectos de mobilidade

1. Os proxectos de mobilidade constarán de 3 fases:

a) Organización e planificación: inclúe a convocatoria, que será obxecto de publicidade, o proceso selectivo e a preparación sociolingüística e intercultural previa á saída, ademais da busca do/s socio/s de acollida. Inclúe tamén a organización e preparación da mobilidade, en canto á organización da viaxe e aloxamento das persoas participantes e á busca da empresa de prácticas axeitadas ás necesidades dos participantes.

b) Execución e seguimento das actividades de mobilidade: realización das estadías de prácticas formativas non remuneradas en empresas/entidades de países de Europa e seguimento durante a súa realización; titorización das prácticas e realización de itinerarios personalizados dos/as participantes.

c) Avaliación e seguimento posterior á realización das prácticas formativas: inclúe a avaliación dos resultados de aprendizaxe obtidos polos participantes durante a actividade. Suporá a realización, como mínimo, dunha xornada de orientación co fin de facilitar a súa inserción laboral, antes do vencemento do prazo de xustificación da axuda e o seguimento e o apoio a participantes, por un período mínimo de 6 meses unha vez finalizadas as prácticas.

2. As tres fases teñen que estar interrelacionadas e reflectidas na estrutura dos proxectos para asegurar que cada unha recibe a atención explícita para maximizar a efectividade da mobilidade transnacional dos participantes.

3. Os proxectos deberán expresar con claridade, segundo o modelo do anexo II:

a) A idade mínima das persoas participantes nas mobilidades.

b) Unha breve descrición das distintas fases do proxecto.

c) A duración total do proxecto (desde a fase de preparación da convocatoria ata a avaliación). A duración das prácticas formativas non remuneradas e os fluxos, se os houber.

d) O número de mobilidades que se van desenvolver. Coa previsión de discapacidades para as que se solicita a axuda.

e) Os países onde se realizarán as mobilidades (ata un máximo de 3).

f) O número de horas formativas por mensualidade.

g) O número de horas totais da preparación lingüística.

h) Os medios humanos que se dedicarán ao proxecto:

– No caso de que a entidade conte con medios humanos propios expresarase o nome ou nomes da persoa responsable do proxecto e/ou do/s mentor/es, con indicación da súa titulación ou experiencia e a xornada semanal que desenvolverán. (Xuntarase ao proxecto a certificación destes datos nos termos establecidos no punto 2 das bases 2ª e 3ª do anexo-A).

– No caso de que a entidade non teña medios humanos suficientes expresarase o número de persoas que se contratarán con indicación da xornada que desenvolverán e o compromiso expreso de enviar a certificación indicada no parágrafo anterior en canto se realice a contratación.

i) Cando se presenten acordos con entidades socias de acollida xunto coa solicitude, indicaranse o nome do socio de acollida en cada país, con indicación das tarefas que desenvolverán, e a designación do mentor.

j) Delimitar as medidas de titorización e apoio que se levarán a cabo, marcando os cadros que correspondas entre as opcións do anexo II.

O contido dos proxectos deberá axustarse estritamente ao anexo II que será o único documento que se teña en conta na valoración.

Artigo 32. Devolución de proxectos non subvencionados

As entidades solicitantes que resultasen non admitidas, as que renunciasen á axuda, e aquelas que, sendo admitidas, non acadaron a puntuación mínima exixida nos proxectos para poder optar á subvención, disporán dun mes de prazo, desde o día seguinte á publicación da resolución para retirar a documentación presentada, logo de solicitala mediante escrito dirixido ao órgano instrutor.

Así mesmo, a partir do 15 de setembro de cada ano de convocatoria, as entidades en lista de espera que non fosen propostas como beneficiarias tamén poderán retirar a documentación presentada, mediante solicitude e no mesmo prazo dun mes desde esta data.

Transcorridos os prazos indicados nos parágrafos precedentes sen que se solicitara a documentación sinalada, procederase ao arquivo do expediente por parte da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

TÍTULO II
Convocatoria da mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) para o ano 2016

Artigo 33. Convocatoria

Convócanse para o ano 2016, en réxime de concorrencia competitiva, as axudas para a mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa), dentro Programa operativo de emprego xuvenil, reguladas polas bases do título I desta orde.

Artigo 34. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo será dun mes a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto no artigo 29 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Polo tanto, o día final do citado prazo será o correspondente, no mes seguinte, ao mesmo número ordinal do día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Se este último día é inhábil, entenderase prorrogado ata o primeiro día hábil seguinte. Se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao da publicación, entenderase que o prazo expira o derradeiro día do mes.

Artigo 35. Duración das prácticas formativas

1. O período de realización das prácticas formativas non retribuídas rematará, en todo caso, o 20 de novembro de 2016.

Poderán iniciarse, desde o día seguinte á publicación da resolución de beneficiarios/as, toda vez que estes/as acepten a axuda e entreguen documentación indicada no artigo 17. No caso das entidades será necesario ter realizado o proceso selectivo, logo da convocatoria coa debida publicidade, e que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verificase que as persoas participantes no proxecto de mobilidade están inscritas no ficheiro do SNGX e cumpren as condicións necesarias para ser beneficiarias dunha acción de mobilidade).

2. As horas formativas terán unha duración mínima de 100 horas mensuais. Estas horas deberán acreditarse mediante unha proba documental de asistencia diaria ás prácticas formativas non remuneradas, na que conste os días laborais da semana, a hora de entrada e saída e a sinatura do/da participante e a persoa responsable de titorizar as prácticas na empresa, segundo o modelo do anexo V.

3. A duración das prácticas (agás causa xustificada, motivada por escrito) será, como mínimo, de 2 meses e máximo 4.

Os meses de duración das prácticas serán consecutivos agás períodos de peche da actividade das propias empresas/entidades onde se realicen as prácticas, caso no que procederá a interrupción polo tempo no que permanezan inactivas (o tempo interrupción quedaría excluído do período de prácticas e non xeraría ningún dereito económico para os/as beneficiarios/as).

Artigo 36. Período do gasto subvencionable

Serán obxecto de subvención todos aqueles gastos que de xeito indubidable respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo comprendido entre 1 de xaneiro de 2016 e o 30 de novembro do mesmo ano, e sempre que se realice o seu pagamento no mesmo período.

Artigo 37. Prazo de presentación da xustificación da axuda

As entidades beneficiarias das axudas deberán xustificar os gastos e os seus pagamentos conforme indican as bases reguladoras e mais a efectiva realización do obxecto da subvención (xustificando a realización das viaxes, prácticas formativas, apoio lingüístico e demais conceptos subvencionables) conforme a regulación de custos simplificados. O prazo máximo para xustificar as accións subvencionadas será dun mes desde o día seguinte ao remate da mobilidade e, como máximo, ata o 30 de novembro de 2016.

Artigo 38. Financiamento e normativa reguladora

1. Para o financiamento destas axudas, existe crédito suficiente e adecuado na Lei 12/2015, do 24 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2016, cunha contía total de 2.034.074,76 euros (código de proxecto 2015 00 551)

2. A distribución inicial de créditos fíxase do seguinte xeito:

BS324A: 957.949,37 € con cargo á aplicación 12.05.313A.480.0, para as axudas de mobilidade individuais de mozos e mozas, concedidas directamente pola Consellería de Política Social.

BS324B: 772.689,60 € con cargo á aplicación 12.05.313A.481.0, para a concesión de proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

BS324C: 303.435,79 € con cargo á aplicación 12.05.313A.460.0, para proxectos presentados por concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

3. De producirse remanentes de crédito nalgún dos procedementos anteriores, procederase á reasignación das contías sobrantes entre os restantes.

4. As axudas reguladas nesta convocatoria están cofinanciadas pola Iniciativa de emprego xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89 %.

Artigo 39. Contías das axudas

As contías das axudas serán o resultado de aplicar os criterios indicados para cada procedemento no anexo-A das bases reguladoras, tendo en conta os importes das táboas seguintes:

Táboa 1 (artigo 6.1 das bases reguladoras).

APOIO A ORGANIZACIÓN E EXECUCIÓN DA MOBILIDADE

Custos subvencionables

Mecanismo

de financiamento

Importe

Norma de asignación

a) APOIO A ASPECTOS

ORGANIZATIVOS

Custos

unitarios

550 euros por participante

Baseada no número de participantes na mobilidade

b) APOIO Á EXECUCIÓN DO PROXECTO

1º Apoio para a entidade de envío

Custos unitarios

- 1 mentor de 4 a 8 mobilidades no mesmo país de destino

- 2 mentores desde 9 ou máis mobilidades

GASTOS DE VIAXE = táboa 2

Nº máximo de viaxes (ida e volta) a cada país de destino:

- Unha viaxe previa á mobilidade para a busca de socios de acollida

- 3 viaxes para o/s mentor/es:

1. Acompañamento a participantes ao comezo da

mobilidade

2. Acompañamento a participantes ao remate da

mobilidade

3. Visita intermedia de seguimento das mobilidades

GASTOS DE MANUTENCIÓN E ALOXAMENTO = táboa 3

Cando as estadías superen os 14 días (continuos ou alternos) os importes diarios reduciranse nun 30 %

Os días de estadía inclúen os días da viaxe de ida e volta.

Máximo de estadías subvencionables:

- Busca de socios: 10 días (1 persoa)

- Acompañamento, seguimento (mentor/es): 10 días/mes

Baseada no número de persoas que viaxen segundo número de mobilidades en cada país de destino e a duración das mobilidades

2º Apoio para á entidade socia de acollida

Custos unitarios

Máximo 1 socio de acollida en cada país de destino.

Os días elixibles son os de duración da mobilidade máis 5 días adicionais de preparación. Os importes por día indícanse na táboa seguinte. Se un grupo ten menos de 8 participantes ou máis de 12, os importes unitarios reduciranse ou incrementaranse nun 5 % por participante respectivamente.

Baseada en: duración das mobilidades, núm. de países de destino, núm. de participantes

Destino

€/día

Destino

€/día

Destino

€/día

Alemaña

33 €

Francia

37€

Noruega

40 €

Austria

39 €

Grecia

38 €

P. Baixos

39 €

Bélxica

37 €

Hungría

33 €

Polonia

34 €

Bulgaria

32 €

Irlanda

39 €

Portugal

37 €

Chipre

32 €

Islandia

39 €

*Azores

40 €

Croacia

35 €

Italia

39 €

*Madeira

40 €

Dinamarca

40 €

Letonia

34 €

R. Checa

32 €

Eslovaquia

35 €

Liechtenstein

39 €

R. Unido

40 €

Eslovenia

34 €

Lituania

34 €

Romanía

32 €

Estonia

33 €

Luxemburgo

36 €

Suecia

39 €

Finlandia

39 €

Malta

37 €

Turquía

32 €

Táboa 2 (artigo 6.2 das bases reguladoras).

GASTOS DE VIAXE (ida e volta)

Destino

Contía

Destino

Contía

Destino

Contía

Alemaña

275 €

Francia

275 €

Noruega

360 €

Austria

360 €

Grecia

360 €

P. Baixos

275 €

Bélxica

275 €

Hungría

360 €

Polonia

360 €

Bulgaria

360 €

Irlanda

275 €

Portugal

180 €

Chipre

530 €

Islandia

360 €

*Azores

275 €

Croacia

275 €

Italia

275 €

*Madeira

275 €

Dinamarca

360 €

Letonia

360 €

R. Checa

275 €

Eslovaquia

360 €

Liechtenstein

275 €

R. Unido

275 €

Eslovenia

275 €

Lituania

360 €

Romanía

360 €

Estonia

360 €

Luxemburgo

275 €

Suecia

360 €

Finlandia

360 €

Malta

360 €

Turquía

530 €

Táboa 3 (artigo 6.3 das bases reguladoras).

ALOXAMENTO E MANUTENCIÓN

Países

Custo

mes/participante

(1)custo

día/participante

Países

Custo

mes/participante

(1)custo

día/participante

Alemaña

1.226 €

40,31 €

Italia

1.350 €

44,38 €

Austria

1.278 €

42,02 €

Letonia

920 €

30,25 €

Bélxica

1.200 €

39,45 €

Liechtenstein

1.444 €

47,47 €

Bulgaria

1.002 €

32,94 €

Lituania

906 €

29,79 €

Chipre

1.096 €

36,03 €

Luxemburgo

1.200 €

39,45 €

Croacia

1.041 €

34,98 €

Malta

1.088 €

35,77 €

Dinamarca

1.654 €

54,38 €

Noruega

1.670 €

54,90 €

Eslovaquia

1.058 €

34,78 €

P. Baixos

1.322 €

43,46 €

Eslovenia

1.042 €

34,26 €

Polonia

1.320 €

43,40 €

Estonia

954 €

31,36 €

Portugal

1.102 €

36,23 €

Finlandia

1.400 €

46,03 €

*Azores e Madeira

1.670 €

54,90 €

Francia

1.418 €

46,62 €

R. Checa

1.024 €

33,67 €

Grecia

1.120 €

36,82 €

R. Unido

1.672 €

54,97 €

Hungría

914 €

30,05 €

Romanía

1.008 €

33,14 €

Irlanda

1.464 €

48,13 €

Suecia

1.378 €

45,30 €

Islandia

1.376 €

45,24 €

Turquía

896 €

29,46 €

(1) Os custos por día só se aplicarán nos casos excepcionais nos que a duración das prácticas non comprenda meses completos, ou no caso no que haxa que aplicar descontos.

Táboa 4 (artigo 6.4 das bases reguladoras).

APOIO LINGÜÍSTICO

Mecanismo financiamento

Importe

Norma de asignación

Custos unitarios

150 euros por participante

Condición: deberase solicitar expresamente o apoio lingüístico

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Apróbase a delegación de atribucións da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, para resolver a concesión, denegación, modificación, a procedencia de reintegro (total ou parcial), a declaración de perda do dereito da axuda, ou outras incidencias das axudas previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer os gastos, o recoñecemento das obrigas e a proposta de pagamento, en relación co disposto no artigo 73 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia.

Disposición adicional segunda. Réxime de infraccións e sancións

Os/as beneficiarios/as destas axudas quedan suxeitos/as ao réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Disposición adicional terceira. Requirimento de documentación

A Consellería de Política Social poderá requirir, en todo momento, a documentación orixinal que se considere necesaria para acreditar mellor o exacto cumprimento das condicións exixidas nesta orde, agás aquela que, de acordo co artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, xa se atope en poder da Administración actuante.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 4 de xuño de 2015 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa) e se procede á súa convocatoria para o ano 2015 (DOG núm. 11, do 15 de xuño).

Disposición derradeira primeira. Facultade de desenvolvemento

Facúltase a persoa titular da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado para ditar, dentro das súas competencias, as resolucións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 2016

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

ANEXO-A
Bases reguladoras dos distintos procedementos da convocatoria coordinada de mobilidade transnacional xuvenil (Galeuropa)

Base 1ª. Procedemento BS324A: axudas individuais á xuventude

1. Beneficiarios/as.

Poden ser beneficarios/as destas axudas, os mozos e as mozas que cumpran os requisitos establecidos no artigo 4 do capítulo I desta orde e que teñan mínimo 18 anos de idade.

2. Documentación.

As solicitudes individuais de mobilidade presentadas polos mozos e mozas deben ir acompañadas de:

a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-A.

O país de destino que se elixa na solicitude só poderá ser modificado logo de solicitude por escrito motivado, por outro que teña asignadas contías iguais ou inferiores para gastos de viaxe,manutención e aloxamento.

b) Currículo vitae modelo europeo.

c) Copia do DNI/NIE cando o/a solicitante non autorice á Consellería de Política Social a consulta dos seus datos no Sistema de verificación de datos de identidade.

d) Acreditación de violencia de xénero: se é o caso, acreditarase por calquera dos medios recoñecidos no artigo 5 da Lei 11/2007, do 27 de xullo, galega para a prevención e o tratamento integral da violencia de xénero, que son:

1º. Certificación da orde de protección ou da medida cautelar, ou testemuño ou copia autenticada pola secretaria ou polo secretario xudicial da propia orde de protección ou da medida cautelar.

2º. Sentenza de calquera orde xurisdicional que declare que a muller sufriu violencia en calquera das modalidades definidas nesta lei.

3º. Certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.

4º. Certificación dos servizos de acollida da Administración pública autonómica ou local.

5º. Informe do Ministerio fiscal que indique a existencia de indicios de violencia.

6º. Informe da Inspección de Traballo e da Seguridade Social.

7º. Calquera outra que se estableza regulamentariamente.

e) De ser o caso, anexo IV-A, cos datos da empresa/entidade pública ou privada onde se realizarán as prácticas formativas.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas individuais de mobilidade, de entre os definidos no artigo 6 das bases reguladoras serán os relativos a custos de:

a) Viaxe da persoa beneficiaria (artigo 6.2).

b) Aloxamento e manutención da persoa beneficiaria (artigo 6.3).

c) Apoio lingüístico. Require petición expresa na solicitude (artigo 6.4).

4. Criterios de avaliación.

A puntuación máxima para as solicitudes individuais será de 10 puntos.

a) Valoraranse, en primeiro lugar, as solicitudes daqueles mozos e mozas que non participasen noutras convocatorias do Programa de Galeuropa, tendo en conta os seguintes criterios de avaliación:

I. Ter buscada unha empresa/entidade pública ou privada onde realizar prácticas, e acreditalo mediante a presentación do anexo IV-A, asinado pola empresa: 3 puntos.

Cando o anexo IV-A non se presente coa solicitude, debe remitirse ao correo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es, e o prazo máximo será o día de realización do test de motivación. Os anexos recibidos con posterioridade non serán computados.

II. A antigüidade no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma, desde a data de inscrición no ficheiro ata a data en que remate o prazo de presentación de solicitudes de cada convocatoria de Galeuropa: ata 1,20 puntos, puntuando 0,10 por cada mes que leve inscrito.

III. Valorarase a maior idade fronte a menor, ata 1,20 puntos, coa seguinte escala:

De 28 a 29 anos: 1,20 puntos

De 26 a 27 anos: 1 punto

De 24 a 25 anos: 0,80 puntos

De 22 a 23 anos: 0,60 puntos

De 20 a 21 anos: 0,40 puntos

De 18 a 20 anos: 0,20 puntos

Terase en conta a idade do día que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

IV. Test escrito de motivación e participación no programa de mobilidade: ata un máximo de 2,25 puntos. Consistirá en 15 preguntas tipo test, valoradas en 0,15 puntos cada unha. (Realizados os test por todas as persoas participantes porase á súa disposición o modelo de respostas correctas).

V. Mulleres vítimas de violencia de xénero ou persoas solicitantes cuxas proxenitoras a sufrisen, sempre que a acreditación das ditas circunstancias fose emitida con anterioridade á data da presentación da solicitude: 1 punto.

VI. Persoas en risco de exclusión social: 1,35 puntos.

No suposto de que se produzan empates nas puntuacións de dúas ou máis persoas solicitantes, os criterios de desempate serán os seguintes:

– En primeiro lugar, a puntuación máis alta obtida nos criterios do punto precedente na mesma orde na que están establecidos.

– En segundo lugar, igualdade de xénero: darase preferencia ao xénero que teña menor número de solicitudes.

– Por último, de persistir o empate, terase en conta a orde de entrada da solicitude.

b) No caso de que exista crédito suficiente, unha vez valoradas todas as solicitudes indicadas na letra a) poderán valorarse outras solicitudes, seguindo o baremo establecido nese punto, sempre e cando, con respecto á convocatorias anteriores do programa Galeuropa, sexa distinto o país de destino.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas da persoa beneficiaria, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa beneficiaria.

c) Anexo VI-A, que inclúe unha memoria de actividades que constará de:

I. Breve análise dos resultados obtidos respecto dos obxectivos perseguidos.

II. Resumo da experiencia na estadía formativa, destacando os aspectos socioculturais e lingüísticos, as destrezas e habilidades adquiridas, os atrancos atopados, o proveito obtido para a vida laboral e persoal e outras cuestións que se consideren de interese.

III. Indicación das modificacións producidas nas estadías, se as houber, en canto á duración da mobilidade e posibles cambios de empresas/entidades de prácticas, así como as causas que as motivaron.

d) Documentación que acredite a viaxe ao país de destino: tarxeta de embarque ou billete de tren ou autobús; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización.

e) De ser o caso, documentación que acredite o motivo xustificado que causou a renuncia, abandono ou interrupción das prácticas ou a non realización do período mínimo establecido nesta convocatoria.

f) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na que se recibe o apoio, con indicación dos contidos impartidos (no nivel que corresponda do MCERL). Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.4, polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

g) Reportaxe fotográfica que evidencie o lugar de realización da práctica formativa non remunerada.

6. Obrigas.

a) Buscar pola súa conta a empresa / entidade pública ou privada para a realización das prácticas.

b) Dispoñer dos seguros de accidentes e de responsabilidade civil necesarios para facer as prácticas, así como da tarxeta sanitaria europea ou seguro médico que dean cobertura equivalente durante o período de duración das prácticas subvencionadas, e enviar copia á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado.

c) Manter contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico desde o momento en que resultan beneficiarios/as, especialmente durante a realización das estadías formativas e para os efectos do previsto no capítulo V do título I, durante o ano seguinte á finalización das prácticas.

d) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, tanto previas á saída como durante a estadía formativa, ou á volta das prácticas.

e) Entregar cubertos os cuestionarios relativos aos indicadores de execución e de resultados, cos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 18.1 e 27.a) desta orde.

f) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es.

1º. Ata 3 días antes de comezar as prácticas, copia da póliza de accidentes e seguro de responsabilidade civil e a da tarxeta sanitaria ou seguro médico equivalente.

2º. No prazo máximo de 3 días desde que se inicien as prácticas, para os efectos de seguimento da actividade segundo o disposto no capítulo V do título I, deberán enviar un correo electrónico indicando:

– Se existe ou non algunha variación nos datos indicados no anexo IV-A.

– O calendario de realización das prácticas, no que se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables durante toda a mobilidade e o horario.

3º. A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas no prazo dos 3 días seguintes a que se produza o feito, motivando as causas.

4º. Comunicar e motivar o cambio de empresa/entidade de prácticas e remitir un novo anexo IV-A cuberto coa aceptación da nova empresa no prazo máximo dos 3 días seguintes a producirse o cambio. De ningunha maneira se poderá admitir un cambio de empresa a outro país de destino se este cambio supón un aumento de contía nas axudas concedidas.

g) Realizar a totalidade da mobilidade solicitada, sen incumprimento horario nin faltas de asistencia non xustificadas, sen prexuízo da flexibilidade de xornada ou compensacións horarias que se poidan facer.

h) Observar un código de conduta ético nas empresas/entidades onde se realicen as prácticas e, en xeral, no transcurso da mobilidade.

Base 2ª. Procedemento BS324B: axudas á entidades sen ánimo de lucro

1. Beneficiarios/as.

Entidades sen ánimo de lucro con sede permanente ou domicilio social en Galicia que desenvolvan actividades no eido da xuventude.

2. Documentación.

As solicitudes das entidades sen ánimo de lucro deberán acompañarse de:

a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-B.

b) Copia do NIF da entidade, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.

c) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, só no caso de que non dea o seu consentimento expreso para que se comprobe telematicamente o seu DNI/NIE, segundo o Decreto 255/2008, do 23 de outubro, polo que se simplifica a documentación para a tramitación dos procedementos administrativos e se fomenta a utilización de medios electrónicos e a Orde do 7 de xullo de 2009, da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, que o desenvolve.

d) Documentación acreditativa da súa lexitimación como representante da entidade, mediante a certificación do secretario ou secretaria da entidade ou fotocopia compulsada da acta en que se recolla a composición do órgano de dirección no momento da presentación da solicitude.

e) Anexo II co proxecto de mobilidade.

f) De ser o caso, anexo IV debidamente asinado.

g) Documentación que acredite que ten sede permanente ou o domicilio social en Galicia.

h) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na que consten os nomes das persoas designados para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das función que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación e experiencia, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o que realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

i) No caso de comprometerse a acoller mobilidades doutras entidades europeas, presentarase o acordo de colaboración que será bilateral e estará asinado por ambas as partes.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas a proxectos presentados por entidades sen ánimo de lucro, de entre os definidos no artigo 6 das bases reguladoras serán os relativos a custos de:

a) Apoio a aspectos organizativos do proxecto (artigo 6.1.a).

b) Apoio á execución do proxecto (artigo 6.1.b).

1º. Apoio para a entidade de envío. A petición de apoio deberá motivarse no proxecto indicando a persoa responsable do proxecto e/ou o/s mentor/es para os que se solicita a axuda; e as actividades ou tarefas que teñen previsto realizar. Así como a petición para a apoio a busca de socios previa á mobilidade (artigo 6.1.b.1º). O importe da axuda estará en función do número de países de destino, o número de mobilidades en cada país e a duración destas.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida. Indicaranse no proxecto as funcións que asumirá a entidade socia de acollida e indicarase o mentor desta entidade se procede. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, pois haberá unha entidade socia en cada país, do número de mobilidades en cada país e tamén da duración destas (artigo 6.1.b.2º).

c) Viaxe das persoas que realizarán as mobilidades (artigo 6.2).

d) Aloxamento e manutención das persoas participantes na mobilidade (artigo 6.3).

4. Criterios de avaliación.

1. A puntuación máxima por proxecto será de 80 puntos.

a) Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos. Máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 29.6.1 para cada tramo de mobilidades (sexan 1 ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos

b) Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 29.6.2. Máximo 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto

De 16 a 20 horas: 2 puntos

De 21 a 25 horas: 3 puntos

De 26 a 30 horas: 4 puntos

De 31 a 35 horas: 5 puntos

De 36 a 40 horas: 6 puntos

De 41 a 45 horas: 7 puntos

De 46 a 50 horas: 8 puntos

De 51 a 55 horas: 9 puntos

De 56 a 60 horas: 10 puntos

De 61 a 65 horas: 11 puntos

De 65 a 70 horas: 12 puntos

De 71 a 75 horas: 13 puntos

Máis de 75 horas: 14 puntos

c) Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto, ata 18 puntos.

Asinar acordos nun país: 6 puntos

Asinar acordos en dous países: 12 puntos

Asinar acordos en tres países: 18 puntos

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así, asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

d) Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo 6 puntos:

De 4 a 6: 6 puntos

De 7 a 9: 5 puntos

De 10 a 12: 4 puntos

De 13 a 15: 3 puntos

De 16 a 18: 2 puntos

De 19 a 20: 1 punto

e) Duración das prácticas: máximo 9 puntos, a razón de 0,15 puntos por cada día que exceda de dous meses.

f) Acordo de colaboración con entidades europeas na acollida das súas mobilidades, ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo de colaboración bilateral).

g) Proxectos que, polo menos, nun dos fluxos teñan como destinatarios/as, como mínimo, un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %, 9 puntos.

2. No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das axudas e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate.

a) O emprego da lingua galega na redacción do proxecto.

b) A maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto un e seguindo a orde establecida nel.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa participante.

c) Anexo VI-B, que inclúe:

1º. Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade, na que constará:

I. Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias da mobilidade realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes e das estadías.

II. Aspectos máis salientables na súa execución. Dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

III. Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e sesións de orientación laboral.

2º. Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías dos mentores da organización de envío e as dos mentores da organización de acollida, e as actividades conxuntas.

3º. Acompañarán ás memorias:

– As follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes tanto as previas á saída coma as posteriores á mobilidade e tamén as das actividades lúdico-culturais, sociais e/ou deportivas realizadas no país de destino, de ser o caso.

– Informe individual de cada participante sobre o aproveitamento da estancia.

– Diario das sesións celebradas tanto coas empresas coma cos participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24h.

– Copia dos itinerairos personalizados de cada participante.

– Unha reportaxe fotográfica e/ou audiovisual das mobilidades que conterá unha mostra das xornadas tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe e das actividades lúdico, culturais e deportivas. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

d) Relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na que constará o seu nome e apelidos, NIF, data de nacemento, sexo, nivel de estudos, rama ou especialidade, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das prácticas, número de horas mensuais e sector empresarial, segundo modelo do anexo VI-B.

e) Certificación da persoa responsable da entidade de que a convocatoria da mobilidade e o proceso selectivo se fixeron conforme o establecido nesta orde, na que deberá constar:

– Que a convocatoria se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia a aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

– Que o proceso selectivo se fixo segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 28.3. Xuntaranse as certificacións ou actas das valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e o desagregamento da puntuación dada a cada participante. Estas certificación ou actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas e excluídas e a causa destas últimas e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

f) Documentación que acredite que, efectivamente, se realizaron as mobilidades ao país ou países de destino sinalados no proxecto subvencionado, mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren das persoas participantes. No caso de facer a viaxe nun vehículo particular, deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización.

g) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o punto 3.a) do artigo 23 das bases reguladoras: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

h) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, ás cales fai referencia o artigo 23.2 desta orde, mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web etc. Na documentación que se presente, terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

i) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na que se recibe o apoio, con indicación dos contidos impartidos no nivel que corresponda do MCERL. Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.4, polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa que impartiu o curso e pola beneficiaria deste.

j) Certificación da persoa representante da entidade, na que se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores onde se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: responsable do proxecto e/ou mentor/es. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

k) Para xustificar as axudas á execución do proxecto, presentarase:

1º. Apoio para a entidade de envío: documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou mentor/es realizaron as viaxes ao país ou países de acollida mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso, da documentación anterior deberá deducirse claramente as datas de ida e volta.

Presentaranse os partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida: memoria de actividades realizadas deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e o acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais dedicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

Presentarase copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria á favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á axuda concedida neste concepto .

6. Obrigas.

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, comprometéndose a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispoñer dos seguros médicos e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das prácticas, incluídos os días da viaxe de ida e volta.

c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización, para os efectos do previsto no capítulo V do título I.

e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

f) Devolver cubertos os cuestionarios que lles sexan solicitados relativos aos indicadores de execución e de resultados, coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 18.1, 27.b) e mais no punto seguinte.

g) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es.

No momento da adxudicación das axudas ás persoas participantes, deberán enviar:

– Os permisos paternos/maternos necesarios para realizar a mobilidade no caso de participantes menores de idade.

– A relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

– A declaración responsable prevista no artigo 28.2 e o cuestionario de indicadores de execución de cada participante. Advertirase ás entidades da necesidade de enviar a integridade dos datos solicitados e da consecuencia de non facelo, que será a perda do dereito á axuda.

Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non remuneradas enviarán:

– Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, indicando a data de inicio e remate das prácticas.

– Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades, así como a copia do seguros médicos que subscriba ou, no seu defecto, certificación de que todas as persoas participantes posúen a tarxeta sanitaria europea.

– Unha certificación da persoa representante da entidade na que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para a realización das mobilidades.

Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas:

– A empresas/entidades onde realizarán as prácticas cada un dos/as participantes, con indicación da persoa que se os/as titorizará na empresa.

– O calendario de realización das prácticas de cada participante, no que se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables durante toda a mobilidade e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas:

– A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas.

– A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

h) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente, as de carácter salarial, se as houber con independencia de que se percibise con anterioridade á subvención concedida.

i) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.

j) Planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas.

k) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

l) Realización como mínimo dunha xornada de orientación co fin de facilitar a inserción laboral dos/as mozos/as participantes, antes do vencemento do prazo de xustificación.

Base 3ª. Procedemento BS324C: axudas á entidades locais

1. Beneficiarios/as.

a) Concellos, agrupacións de concellos ou mancomunidades da Comunidade Autónoma de Galicia validamente constituídas, así como as entidades resultantes da fusión de municipios a que se refire a Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia.

b) Así mesmo, aqueles concellos que, sen constituír mancomunidade, acorden desenvolver programas conxuntos de actuación, poderán solicitar as axudas que regula esta orde, de conformidade co acordo do Consello da Xunta de Galicia, con data do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

Neste suposto, todos os concellos quedarán obrigados solidariamente ao cumprimento das obrigas que deriven da concesión da subvención.

c) Ningún concello ou entidade local dos sinalados nos puntos anteriores poderá:

– Presentar a solicitude de subvención se o fixo unha entidade local na que estean integrados ou da cal dependan.

– Figurar en máis dunha solicitude colectiva.

– Figurar nunha solicitude colectiva e subscribir outra individual.

d) O incumprimento destas normas dará lugar á non admisión de todas as solicitudes individuais de subvención subscritas pola entidade de que se trate, dando validez á solicitude realizada de forma conxunta. No caso de figurar en máis dunha solicitude conxunta, non será admitida ningunha delas.

e) Serán inadmitidas a trámite aquelas solicitudes conxuntas nas que non se acredite a realización conxunta da actuación ou que supoñan actuacións independentes de cada entidade local.

2. Documentación.

a) Solicitude de modelo oficial que figura no anexo I-C.

b) Certificado do secretario ou secretaria que recolla o acordo do órgano competente, de solicitude da subvención e se nomee un/ha representante se procede.

c) Copia do NIF da entidade local, só no caso de denegar expresamente a súa verificación.

d) Copia do DNI/NIE da persoa representante da entidade, só no caso de non autorizar a súa consulta.

e) Certificación do secretario da entidade local de ter remitido ao Consello de Contas as contas xerais do último exercicio.

f) Anexo II co proxecto de mobilidade.

g) No caso de desenvolver o proxecto con medios humanos da entidade, certificación da persoa representante da entidade, na que consten os nomes das persoas designados para levar a cabo o proxecto de mobilidade, con indicación das funcións que desempeñarán como responsable do proxecto e/ou como mentor. Constarán tamén a súa titulación e experiencia, así como a xornada que realizará (número de horas semanais) e o período de tempo durante o que realizará as súas tarefas. A certificación deberá estar asinada pola persoa representante da entidade e tamén polas persoas designadas ou adscritas ao proxecto de mobilidade.

h) No caso de comprometerse a acoller mobilidades doutras entidades europeas, presentarase o acordo de colaboración que será bilateral e estará asinado por ambas partes

i) Para os municipios que se acollan á fórmula de solicitude conxunta, o documento no que se acorde a colaboración dos concellos, no que se incluirá o nomeamento da persoa que actuará como representante e o certificado dos/as secretarios/as dos acordos do Pleno ou da Xunta de Goberno en que autorizan o concello a que actúe como representante de todos eles para a petición da subvención.

j) No caso de entidades locais que presenten a solicitude mediante a fórmula de mancomunidade ou agrupación de concellos, a declaración responsable de estar ao día no cumprimento das obrigas tributarias ou fronte á Seguridade Social e de non ter pendente de pagamento ningunha outra débeda coa Administración pública e o sector público da Comunidade Autónoma, ou a alternativa autorización debe ser de cada un dos concellos integrantes da agrupación ou mancomunidade, debendo por tanto cubrir cada un deles o anexo VIII. Neste caso deberán acompañar tamén unha copia do DNI/NIE de cada unha das persoas representantes das entidades participantes no proxecto se non autorizan para a súa consulta.

k) Memoria de aforro de custos, de ser o caso, cando se trate de proxectos conxuntos.

l) De ser o caso, o anexo IV debidamente asinado.

3. Contía da axuda.

Os criterios aplicables para as axudas a proxectos presentados por entidades locais, de entre os definidos no artigo 6 das bases reguladoras serán os relativos a custos de:

a) Apoio a aspectos organizativos do proxecto (artigo 6.1.a).

b) Apoio á execución do proxecto.

1º. Apoio para a entidade de envío. A petición de apoio deberá motivarse no proxecto indicando a persoa responsable do proxecto e/ou o/s mentor/es para os que se solicita a axuda; e as actividades ou tarefas que teñen previsto realizar. Así como a petición para o apoio á busca de socios previa á mobilidade (artigo 6.1.b.1º). O importe da axuda estará en función do número de países de destino, o número de mobilidades en cada país e a duración destas.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida. Indicaranse no proxecto as funcións que asumirá a entidade socia de acollida e indicarase o mentor desta entidade se procede. O importe da axuda estará en función do número de países de destino, pois haberá unha entidade socia en cada país, do número de mobilidades en cada país e tamén da duración destas (artigo 6.1.b.2º).

c) Viaxe das persoas que realizarán as mobilidades (artigo 6.2).

d) Aloxamento e manutención das persoas participantes na mobilidade (artigo 6.3).

4. Criterios de avaliación.

1. A puntuación máxima por proxecto será de 90 puntos, sen prexuízo do previsto para as solicitudes conxuntas presentadas ao abeiro do acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal.

a) Número de persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia na data de remate da presentación de solicitudes, máximo 10 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:

– Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 50 mozos/as inscrito/s: 10 puntos.

– Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 35 mozos/as inscrito/s: 8 puntos.

– Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 20 mozos/as inscrito/s: 6 puntos.

– Proxectos promovidos por un concello ou agrupación de concellos que teñan máis de 5 mozos/as inscrito/s: 4 puntos.

b) Melloras en recursos humanos respecto dos mínimos exixidos. Máximo 16 puntos.

Partindo de que a xornada completa é de 37 horas e media e tendo en conta os mínimos exixidos no artigo 29.6.1 para cada tramo de mobilidades (sexan 1 ou varias persoas):

Aumento nun 25 % da xornada: 4 puntos

Aumento nun 50 % da xornada: 8 puntos

Aumento nun 75 % da xornada: 12 puntos

Aumento nun 100 % da xornada: 16 puntos

c) Melloras na preparación lingüística da mocidade participante, respecto dos requisitos mínimos exixidos no artigo 29.6.2. Máximo 14 puntos:

De 11 a 15 horas: 1 punto

De 16 a 20 horas: 2 puntos

De 21 a 25 horas: 3 puntos

De 26 a 30 horas: 4 puntos

De 31 a 35 horas: 5 puntos

De 36 a 40 horas: 6 puntos

De 41 a 45 horas: 7 puntos

De 46 a 50 horas: 8 puntos

De 51 a 55 horas: 9 puntos

De 56 a 60 horas: 10 puntos

De 61 a 65 horas: 11 puntos

De 65 a 70 horas: 12 puntos

De 71 a 75 horas: 13 puntos

Máis de 75 horas: 14 puntos

d) Ter asinados acordos con entidades socias de acollida no momento de solicitar o proxecto, ata 18 puntos.

Asinar acordos nun país: 6 puntos

Asinar acordos en dous países: 12 puntos

Asinar acordos en tres países: 18 puntos

O total dos acordos debe recoller un número de mobilidades igual ou superior ás ofertadas no proxecto. De non ser así, asignaráselles a puntuación mínima deste punto e sempre que recollan un mínimo de 4 mobilidades.

e) Número de mobilidades que contén o proxecto. Máximo 6 puntos:

De 4 a 6: 6 puntos

De 7 a 9: 5 puntos

De 10 a 12: 4 puntos

De 13 a 15: 3 puntos

De 16 a 18: 2 puntos

De 19 a 20: 1 punto

f) Duración das prácticas: máximo 9 puntos, a razón de 0,15 puntos por cada día que exceda de dous meses.

g) Acordo de colaboración bilateral para acoller mobilidades doutras entidades europeas, ata un máximo de 8 puntos (2 puntos por cada acordo).

h) Proxectos que polo menos nun dos fluxos, teñan como destinatarios/as, como mínimo, un 45 % de persoas con discapacidade superior ou igual ao 33 %, 9 puntos.

2. Para dar cumprimento ao acordo do Consello da Xunta de Galicia, con data do 28 de febreiro de 2013, polo que se determinan os criterios aplicables ás axudas e subvencións destinadas ás entidades locais da Comunidade Autónoma de Galicia para primar proxectos de xestión compartida e incentivar procesos de fusión municipal, as solicitudes conxuntas deberán consistir na participación conxunta e efectiva no desenvolvemento da actividade común, mediante achegas de organización, medios persoais e materiais ou recursos financeiros para a finalidade compartida, de acordo coas respectivas competencias.

De conformidade co dito acordo do Consello da Xunta, do 28 de febreiro, a presentación conxunta da solicitude implica a seguinte puntuación adicional:

a) A presentación da solicitude por unha mancomunidade ou agrupación de concellos, excluíndo a modalidade de fusión municipal, supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais. Este criterio subdivídese do seguinte xeito:

– Pola simple presentación da solicitude conxunta nos termos e requisitos recollidos nesta base 3ª: 10 puntos adicionais.

– Polo número de concellos superior a dous que se asocien, 2 puntos adicionais, ata un máximo de 10 puntos.

– Pola valoración da memoria de aforro de custos que se conseguen coa presentación conxunta respecto da individual: 10 puntos.

b) A presentación da solicitude por concellos que fosen obxecto de fusión supón un incremento do 30 % respecto da puntuación total, o que equivale a 30 puntos adicionais.

3. No caso de empate na puntuación entre varias entidades solicitantes das axudas e co fin de determinar a orde de prelación entre proxectos que obtiveron a mesma puntuación, fíxase como sistema de desempate:

a) O emprego da lingua galega na redacción, difusión e execución das actividades do proxecto que sexan susceptibles de valoración, de acordo ao seguinte baremo:

– Pola redacción do proxecto: 1 punto.

– Polo compromiso a realizar a convocatoria do proxecto de mobilidade e a súa difusión: 2 puntos.

– Polo compromiso a realizar o proceso selectivo e as accións formativas: 2 puntos.

b) A maior valoración que realizase a comisión de avaliación do proxecto en cada un dos criterios que se reflicten no punto un e seguindo a orde establecida nel.

5. Documentación xustificativa da axuda concedida.

a) Anexo VII. Unha declaración complementaria de non ter percibido outras axudas para a mesma actividade das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

b) Anexo V. Certificado emitido pola empresa/entidade de prácticas no que constará a efectiva realización das prácticas formativas de cada persoa participante, así como o período en que se desenvolveron, o número de horas formativas mensuais e as actividades levadas a cabo. Deberá estar debidamente asinado pola persoa representante da empresa, a persoa que exerceu a titoría das prácticas e mais a persoa que as realizou. Acompañarase dunha proba documental de asistencia diaria ás prácticas, asinada pola persoa responsable da empresa e a persoa participante.

c) Anexo VI-B, que inclúe:

1º. Memoria de actividades do proxecto de mobilidade, asinada pola persoa representante da entidade, na que constará:

I. Actividades realizadas na preparación e planificación: recursos humanos e materiais empregados na organización, busca de entidades socias na acollida, sesións preparatorias da mobilidade realizadas coas persoas participantes, xestión das viaxes de ida e volta.

II. Aspectos máis salientables na súa execución. Dificultades e apoios. De ser o caso, indicación das modificacións producidas respecto do proxecto inicial e a súa xustificación.

III. Avaliación e seguimento posterior: breve indicación dos resultados de aprendizaxe e laborais obtidos polos/as participantes durante a mobilidade e sesións de orientación laboral.

2º. Memoria de actividades de titorización e apoio ás mobilidades realizada e asinada polas persoas designadas como mentores, diferenciando, se procede, as titorías dos mentores da organización de envío e as dos mentores da organización de acollida, e as actividades conxuntas.

3º. Acompañarán ás memorias:

– As follas de sinaturas de todas as xornadas realizadas coas persoas participantes tanto as previas á saída coma as posteriores á mobilidade, e tamén as das actividades lúdico-culturais, sociais e/ou deportivas realizadas no país de destino, de ser o caso.

– Informe individual de cada participante sobre o aproveitamento da estancia.

– Diario das sesións celebradas tanto coas empresas como cos participantes, coas sinaturas de todas as persoas asistentes nas sesións presenciais e con anotación da data e hora das sesións telefónicas, así como as incidencias atendidas a través do teléfono de contacto 24h.

– Unha reportaxe fotográfica das mobilidades que conterá unha mostra das xornadas tanto as formativas previas á mobilidade como as posteriores de orientación laboral realizadas no país de orixe e das actividades lúdico, culturais e deportivas. Tamén conterá unha mostra das prácticas formativas non retribuídas de cada persoa participante.

d) Relación nominal con todas as persoas que realizaron a mobilidade, na que constará o seu nome e apelidos, NIF, data de nacemento, sexo, nivel de estudos, rama ou especialidade, concello de residencia, país e cidade de destino das prácticas, datas de inicio e fin das prácticas, número de horas mensuais e sector empresarial, segundo modelo do anexo VI-B.

e) Certificación expedida pola Secretaría da entidade local, co visto e prace do/da alcalde/sa ou presidente/a, na que se faga constar que a convocatoria da mobilidade e o proceso selectivo se fixeron conforme o establecido nesta orde, na que deberá constar:

– Que a convocatoria se fixo respectando os principios de publicidade e concorrencia competitiva. Indicaranse as páxinas web e/ou redes sociais utilizadas para a súa difusión pública e, de ser o caso, achegarase a referencia á aparicións do proxecto nos medios de comunicación social. Xuntaranse copias e impresións de pantallas onde consten as ditas referencias.

– Que o proceso selectivo se fixo segundo os criterios mínimos de selección sinalados no artigo 28.3. Xuntaranse as certificacións ou actas das valoracións dadas ás solicitudes presentadas, con explicación dos criterios empregados e a desagregación da puntuación dada a cada participante. Estas certificación ou actas deberán conter: número de solicitudes, número de admitidas e excluídas e a causa destas últimas e unha relación numerada por orde de puntuación das persoas seleccionadas.

f) Documentación que acredite que efectivamente se realizaron as mobilidades ao país ou países de destino sinalados no proxecto subvencionado, mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren das persoas participantes. No caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización.

g) Documentación acreditativa do mantemento do sistema de contabilidade separada a que se refire o punto 3.a) do artigo 23 das bases reguladoras: extracto da contabilidade que permita verificar como se contabilizaron os gastos, o cal deberá incluír contas ou subcontas, datas e números dos correspondentes asentos contables.

h) Documentación acreditativa do cumprimento das obrigas en materia de información e comunicación establecidas no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013, do 17 de decembro de 2013, ás cales fai referencia o artigo 23.2 desta orde, mediante achegas de fotocopias da documentación utilizada, fotografías dos carteis expostos, indicación da páxina web etc. Na documentación que se presente terán que verse con claridade os logotipos da UE e da Xunta de Galicia.

i) A xustificación do apoio lingüístico farase mediante documentación que acredite a lingua na que se recibe o apoio, con indicación dos contidos impartidos no nivel que corresponda do MCERL. Deberá acreditar, ademais, as horas de duración e respectarán o mínimo establecido no artigo 6.4, polo que non se admitirá ningunha acreditación de cursos inferiores a 10 horas. O documento deberá estar asinado pola persoa que impartiu o curso e pola beneficiaria do mesmo.

j) Certificación da persoa representante da entidade, na que se acredite a efectiva dedicación das persoas designadas como responsables do proxecto ou como mentores onde se acredite que se cumpriron as condicións indicadas na certificación ou compromiso que se presentaron coa solicitude. Asinarán na mesma certificación: responsable do proxecto e/ou mentor/es. No caso de que se contratase persoal para a mobilidade, presentaranse os contratos de traballo.

k) Para xustificar as axudas á execución do proxecto, presentarase:

1º. Apoio para a entidade de envío: documentación que acredite que a persoa responsable do proxecto e/ou mentor/es realizaron as viaxes ao país ou países de acollida mediante a presentación das tarxetas de embarque ou billetes de autobús ou tren; no caso de facer a viaxe nun vehículo particular deberase xuntar un escrito descritivo desta viaxe xunto cos correspondentes recibos de carburante e autovías-autoestradas necesarios para a súa realización. En todo caso da documentación anterior deberá deducirse claramente as datas de ida e volta.

Presentaranse os partes de traballo diarios con indicación horaria de cada actividade realizada durante as estadías no país de acollida.

2º. Apoio para a entidade socia na acollida: memoria de actividades realizadas deberá coincidir cos mínimos indicados no proxecto e o acordo coa entidade beneficiaria e incluirá os partes de traballo diarios ou semanais dedicados á mobilidade. A memoria estará redactada nas linguas oficias da Comunidade Autónoma de Galicia: galego ou castelán.

Presentarase copia da transferencia emitida pola entidade beneficiaria a favor da entidade socia na acollida polo importe que corresponda á axuda concedida neste concepto.

6. Obrigas.

a) Buscar unha ou varias entidades socias de acollida que participarán como socias das entidades beneficiarias para xestionar as mobilidades no país de destino que lles corresponda, comprometéndose a atopar empresas ou entidades públicas ou privadas suficientes e adecuadas ás necesidades dos/das participantes.

b) Dispoñer dos seguros médicos e de responsabilidade civil necesarios para dar cobertura ás persoas participantes nas mobilidades durante o período de duración das prácticas incluídos os días da viaxe de ida e volta.

c) Difundir a convocatoria de mobilidade transnacional xuvenil publicamente e coa adecuada antelación a través da internet (páxinas web e/ou redes sociais), ou outros medios de difusión complementarios, de xeito que poidan ser coñecidas por todas as persoas potencialmente beneficiarias destas.

d) Manter o contacto coa Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado mediante correo electrónico, durante todo o período de execución do proxecto de mobilidade subvencionado, en todas as súas fases, e ata un ano despois da súa finalización para os efectos do previsto no capítulo V do título I.

e) Asistir ás reunións informativas e xornadas formativas ás que sexan convocadas, tanto durante o período de execución do proxecto subvencionado, e ata un ano despois da súa finalización.

f) Devolver cubertos os cuestionarios que lles sexan solicitados relativos aos indicadores de execución e de resultados, coa totalidade dos datos que lles sexan solicitados de entre os establecidos no anexo IX, segundo a forma e prazos que establecen os artigos 18.1, 27.b) e mais no punto seguinte.

g) Remitirlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, a través do enderezo electrónico galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es.

No momento da adxudicación das axudas ás persoas participantes, deberán enviar:

– Os permisos paternos/maternos necesarios para realizar a mobilidade no caso de participantes menores de idade.

– A relación das persoas seleccionadas para realizar as mobilidades, co fin de que a Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado verifique que efectivamente están inscritos no Rexistro Nacional de Garantía Xuvenil e que cumpren os requisitos exixidos.

– A declaración responsable prevista no artigo 28.2 e o cuestionario de indicadores de execución de cada participante. Advertirase as entidades da necesidade de enviar a integridade dos datos solicitados e da consecuencia de non facelo, que será a perda do dereito á axuda.

Ata 3 días antes de iniciar as prácticas formativas non remuneradas enviarán:

– Unha relación das persoas participantes nas actividades de mobilidade para as cales se pide a axuda, indicando a data de inicio e remate das prácticas.

– Unha copia da póliza de seguros de accidentes e responsabilidade civil que dea cobertura á mocidade que realizará as mobilidades, así como a copia do seguros médicos que subscriba ou, no seu defecto, certificación de que todas as persoas participantes posúen a tarxeta sanitaria europea.

– Unha certificación da persoa representante da entidade na que conste o nome da persoa ou persoas contratadas, a súa titulación e experiencia e o número de horas ou a xornada dedicada ao proxecto, no caso de que se adquirise o compromiso de contratar persoal para a realización das mobilidades.

Máximo 3 días despois de iniciar as prácticas:

– A empresas/entidades onde realizarán as prácticas cada un dos/as participantes, con indicación da persoa que se os/as titorizará na empresa.

– O calendario de realización das prácticas de cada participante, no que se indique claramente a data de comezo e fin, os días laborables durante toda a mobilidade e o horario.

De ser o caso, nos 3 días seguintes a que se produza o feito e motivando as causas

– A comunicación da interrupción ou abandono das prácticas.

– A comunicación do cambio de empresa/entidade de prácticas.

h) Satisfacer, ao seu vencemento, as obrigas económicas que deriven do funcionamento do proxecto subvencionado, especialmente as de carácter salarial, se as houber, con independencia de que se percibise con anterioridade a subvención concedida.

i) Comunicarlle á Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado as modificacións substanciais do proxecto obxecto de subvención, así como dos compromisos e obrigas asumidos, no momento en que se produzan. As ditas modificacións responderán a causas excepcionais debidamente xustificadas. Non se admitirán modificacións dos países de acollida das prácticas cando supoñan un aumento das contías das axudas concedidas.

j) Obriga de planificar, organizar e xestionar as mobilidades, no que se refire á viaxe ao país de destino, o transporte local, o aloxamento e a manutención das persoas participantes durante as prácticas formativas.

k) Ter a capacidade administrativa, financeira e operativa para cumprir as condicións da axuda.

l) Realización, como mínimo, dunha xornada de orientación co fin de facilitar a inserción laboral dos/as mozos/as participantes, antes do vencemento do prazo de xustificación.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IX
Indicadores de execución e resultados
Exixidos polo Regulamento (UE) 1304/2013, do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo (FSE)

Indicadores comúns do FSE (anexo I do Regulamento 1304/2013).

1. Indicadores comúns de execución.

a) Participantes.

Dimensión do indicador

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación de

referencia

Representatividade da mostra

Estado laboral

Desempregados incluíndo os de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Desempregados de longa duración*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos*

Anualmente

Todos os participantes

Inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con emprego, incluídos os traballadores por conta propia*

Anualmente

Todos os participantes

Idade

Persoas menores de 25 anos de idade*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas maiores de 54 anos de idade que están desempregados, incluídos os de longa duración, ou inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación*

Anualmente

Todos os participantes

Nivel educativo

Persoas con estudos de ensino primario (CINE 1) ou secundaria (CINE 2)*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas co segundo ciclo de ensino secundario (CINE 3) ou con ensino postsecundaria (CINE4)*

Anualmente

Todos os participantes

Persoas con ensino superior ou terciario (CINE 5 a 8)*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes desfavorecidos

Participantes que viven en fogares sen emprego*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que viven en fogares sen emprego con fillos ao seu cargo*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que viven en fogares compostos dun único adulto con fillos ao seu cargo*

Anualmente

Todos os participantes

Inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación romaní)**

Anualmente

Todos os participantes

Participantes con discapacidade**

Anualmente

Todos os participantes

Outras persoas desfavorecidas**

Anualmente

Todos os participantes

Persoas sen fogar ou afectadas pola exclusión en canto a vivenda*

Unha vez en 2017

Mostra representativa de todos os participantes

1) situación laboral

2) grupo idade

3) nivel educativo

4) situación fogar

Persoas de zonas rurais*

Unha vez en 2017

Mostra representativa de todos os participantes

1) situación laboral

2) grupo idade

3) nivel educativo

4) situación fogar

b) Entidades.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Número de proxectos total ou parcialmente realizados por axentes sociais ou as asociacións non gobernamentais

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dedicados á participación e á progresión sustentables das mulleres no ámbito do emprego

Anualmente

Todos os proxectos

Número de proxectos dirixidos ás administracións públicas ou aos servizos públicos a nivel nacional, rexional ou local

Anualmente

Todos os proxectos

Número de microempresas e pequenas e medianas empresas subvencionadas

(incluídas as cooperativas e as empresas de economía social)

Anualmente

Todas as pemes directamente soportadas

2. Indicadores comúns de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediatos.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes inactivos que buscan traballo logo da súa participación*

Anualmente

Participantes inactivos

Participantes que se integraron nos sistemas de educación ou formación logo da súa participación*

Anualmente

Todos os participantes, excepto aqueles non integrados nos sistemas de educación ou formación ao comezo

Participantes que obteñen unha cualificación logo da súa participación*

Anualmente

Todos os participantes

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación*

Anualmente

- Desempregados

- Participantes inactivos

Participantes desfavorecidos que buscan traballo, que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación**

Anualmente

Participantes desfavorecidos que logran un resultado entendido como un cambio a diferenza entre a situación ao saír, en comparación coa situación ao entrar na operación do FSE. Participantes desfavorecidos son:

- participantes que viven en fogares sen traballo*

- participantes que viven nun fogar só cun adulto con fillos ao seu cargo*

- inmigrantes, persoas de orixe estranxeira, minorías (incluíndo as comunidades marxinadas, como a poboación xitana)**

- participantes con discapacidade**

- outras persoas desfavorecidas**

b) Indicadores de resultado a longo prazo1

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes:

- desempregados

- inactivos

1a) desempregados

1b) inactivos

2) grupo idade

3) nivel educativo

4) situación fogar

Participantes que mellorasen a súa situación no mercado de traballo no prazo dos seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes:

- empregados

1) grupo idade

2) nivel educativo

3) situación fogar

Participantes maiores de 54 anos de idade que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación*

2019 e 2025

Participantes maiores de 54 anos de

idade:

- desempregados

- inactivos

1a) desempregados

1b) inactivos

2) nivel educativo

3) situación fogar

Participantes desfavorecidos que obteñen un emprego, incluído por conta propia, no prazo de seis meses seguintes á súa participación**

2019 e 2025

- Desempregados

- Inactivos

Participantes con algunha das seguintes desvantaxes (non exclusivas mutuamente:

- participantes que viven nun fogar compostos dun único adulto con fillos a cargo *

- inmigrantes, participantes de orixe estranxeira, minorías (incluídas comunidades marxinadas, como a poboación xitana)**

- participantes con discapacidade**

- outras persoas desfavorecidas **

1a) desempregados

1b) inactivos

2) grupo idade

3) nivel educativo

4) situación fogar

Indicadores específicos da Iniciativa de emprego xuvenil (IEX/YEI) (anexo II Regulamento 1304/2013).

3. Indicadores de resultado.

a) Indicadores de resultado inmediatos2

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Participantes desempregados que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes que se integran nos sistemas de educación ou formación, que obteñen unha cualificación, ou que obteñen un emprego, incluído por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados

Participantes desempregados de longa duración que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes desempregados de longa duración que se integran nos sistemas de educación ou formación, ou que obteñen unha cualificación ou un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes desempregados de longa duración

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que completan a intervención subvencionada pola Iniciativa de emprego xuvenil

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos e non integrados nos sistemas de educación ou formación que reciben unha oferta de emprego, educación continua, aprendizaxe ou período de prácticas logo das súas participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

Participantes inactivos non integrados nos sistemas de educación ou formación que se integran nos sistemas de educación ou formación, obteñen unha cualificación ou obteñen un emprego, incluído un emprego por conta propia, logo da súa participación

Anualmente

Participantes inactivos, non integrados nos sistemas de educación ou formación

b) Indicadores de resultado a longo prazo.

Nome do indicador

Frecuencia de informe

Poboación obxectivo do informe

Mostra representativa centrada en

Participantes en educación continua ou programas de formación que dean lugar a unha cualificación, unha aprendizaxe ou un período de prácticas no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) desempregados

1b) desempregados longa duración

1c) inactivos, non integrados nos sistemas de educación/formación

2) grupos de idade (se é relevante)3

3) nivel educativo

4) situación fogar

Participantes empregados no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) desempregados

1b) desempregados longa duración

1c) inactivos, non integrados nos sistemas de educación/formación

2) grupos de idade (se é relevante)

3) nivel educativo

4) situación fogar

Participantes que traballen como autónomos no prazo de seis meses seguintes á súa participación

Anualmente

Todos os participantes

1a) desempregados

1b) desempregados longa duración

1c) inactivos, non integrados nos sistemas de ecuación / formación

2) grupos de idade (se é relevante)

3) grupos de idade (se é relevante)

4) nivel educativo

5) situación fogar

1 Se os datos do informe para estes indicadores se refiren a soporte YEI, a poboación chamada inactiva debe ser entendida como inactiva non integrada nos sistemas de educación ou capacitación.

2 A definición de desempregados de longa duración varía coa idade:

– Mozos (<25 anos de idade) - máis de 6 meses continuos en desemprego (>6 meses).

– Adultos (25 anos de idade ou máis) - máis de 12 meses continuos en desemprego (>12 meses).

Como referencia ver definición en el anexo C1 - indicador común 2 do FSE.

3 É relevante para todas aquelas operacións onde a axuda IEJ inclúe participantes maiores de 24 anos.