Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Venres, 8 de abril de 2016 Páx. 12560

II. Autoridades e persoal

a) Cesamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 38/2016, do 7 de abril, polo que se dispón que cese Sonia Martínez Arca como directora xeral de Saúde Pública.

En virtude do establecido nos artigos 4.13 e 34.2 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día sete de abril de dous mil dezaseis,

DISPOÑO:

Que cese, por pase a outro destino, Sonia Martínez Arca como directora xeral de Saúde Pública, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, sete de abril de dous mil dezaseis

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade