Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 66 Xoves, 7 de abril de 2016 Páx. 12413

III. Outras disposicións

Escola Galega de Administración Pública

CORRECCIÓN de erros. Resolución do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan unhas xornadas sobre os novos fondos europeos e a súa execución en España.

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 58, do 28 de marzo de 2016, cómpre facer as seguintes correccións:

– Na páxina 10979, no sumario, onde di: «Resolución do 14 de marzo de 2016 pola que se convocan unhas xornadas sobre os novos fondos europeos e a súa execución en España», debe dicir: «Resolución do 14 de marzo de 2016 pola que se convoca un curso monográfico sobre os novos fondos europeos e a súa execución en España».

– Na páxina 10979, no primeiro parágrafo da resolución, onde di: «convócanse unhas xornadas...», debe dicir: «convócase un curso monográfico...».

– Na páxina 10979, no segundo parágrafo da base 1 da resolución, onde di: «O obxectivo destas xornadas é analizar...», debe dicir: «O obxectivo deste curso monográfico é analizar...».

– Na páxina 10979, no segundo parágrafo da base 1 da resolución, onde di: «Desta maneira, as xornadas pretenden constituírse nun foro de análise...», debe dicir: «Desta maneira, o curso monográfico pretende constituírse nun foro de análise...».

– Na páxina 10981, no primeiro parágrafo da base 7, onde di: «A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento destas xornadas, así como a facultade de cancelalas se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.», debe dicir: «A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolver as incidencias que poidan xurdir no desenvolvemento deste curso monográfico, así como a facultade de cancelalo se o escaso número de solicitudes non xustifica a súa realización.».

– Na páxina 10981, na base 8, onde di: «Ao final das xornadas entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que tivesen participado asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización das xornadas e o selo oficial da institución.», debe dicir: «Ao final do curso monográfico entregarase un certificado de asistencia a aquelas persoas inscritas que tivesen participado asiduamente e sempre que a súa asistencia fose igual ou superior ao 90 % das horas lectivas programadas. Neste documento aparecerán, de forma expresa, o contido, a carga lectiva, a data, o lugar de realización do curso monográfico e o selo oficial da institución.».