Con data do 11 de marzo de 2016 (DOG núm. 49) publicouse o anuncio das bases do XXIV Premio Internacional de Gráfica Máximo Ramos 2016.
Nas ditas bases establecíase un prazo de presentación de solicitudes desde o 15 ao 30 de marzo de 2016.
Con data do 31 de marzo de 2016, o Concello Pleno aprobou a apertura dun novo prazo de solicitudes de quince días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.
Ferrol, 1 de abril de 2016
P.D. (Resolución do 29.6.2015)
Jesús Basterrechea López
Concelleiro delegado de Cultura, Ensino e Universidade