Seguridade Social 413/2015
Procedemento de orixe: sobre seguridade social
Demandante: Víctor Moreno García
Avogado: Servizo Xurídico Seguridade Social
Demandados: Instituto Nacional da Seguridade Social, Industrias Gráficas Getafe, Mutua Asepeyo Mutua Asepeyo
Blanca Susana Janeiro Amela, secretaria do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fai saber que por resolución ditada no día de hoxe, no proceso seguido por instancia de Víctor Moreno García contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Industrias Gráficas Getafe, Mutua Asepeyo Mutua Asepeyo, en reclamación por seguridade social, rexistrado co número Seguridade Social 413/2015 se acordou, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar a Industrias Gráficas Getafe, en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 19.7.2016, ás 11.00 horas, na planta -1, sala 6, Edificio Audiencia, para a celebración do acto de xuízo, ao cal poderá comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se intente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.
Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, este poida estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.
Para que sirva de citación a Industrias Gráficas Getafe, expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.
Pontevedra, 11 de marzo de 2016
A secretaria xudicial