Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Mércores, 6 de abril de 2016 Páx. 12189

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016 pola que se nomea catedrático de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada a Joaquín López Lago.

De conformidade coa proposta da comisión designada para xulgar o concurso de acceso que convocou esta universidade por Resolución do 28 de decembro de 2015
(BOE do 19 de xaneiro de 2016), para a provisión da praza número 15/004 de catedrático de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, departamento de Física desta universidade, a favor de Joaquín López Lago, con DNI número 32622193M, e unha vez que o interesado acreditara os requisitos establecidos na convocatoria.

Esta reitoría, no uso das atribucións que lle confire o artigo 20 da Lei 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, e demais disposicións que a desenvolven, resolveu nomear a Joaquín López Lago, catedrático de universidade da área de coñecemento de Física Aplicada, departamento de Física desta universidade.

No prazo máximo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste nomeamento no Boletín Oficial del Estado, o candidato deberá tomar posesión do seu destino.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpoñer recurso de reposición ante o reitor da Universidade da Coruña, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación, sen que neste caso se poida interpoñer o recurso contencioso-administrativo antes mencionado ata que se resolva expresamente ou se producir a desestimación presunta do de reposición, ao abeiro dos artigos 116 e 117 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

A Coruña, 14 de marzo de 2016

Julio E. Abalde Alonso
Reitor da Universidade da Coruña