Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Salvaterra de Miño

ANUNCIO de licitación para a explotación do bar-cafetaría da Casa Municipal Multiúsos de Corzáns.

Mediante acordo da Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria do día vinte e cinco de febreiro de dous mil dezaseis, iniciouse o expediente de contratación seguinte:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Concello de Salvaterra de Miño.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: administrativo especial.

b) Descrición do obxecto: explotación do bar-cafetaría da Casa Municipal Multiúsos de Corzáns.

c) Duración do contrato: dous anos, prorrogable por catro anos.

3. Tramitación: ordinaria.

4. Procedemento: aberto.

5. Contraprestación económica ou canon: o adxudicatario deberá aboar ao Concello un canon anual mínimo por importe de 300,00 euros (IVE incluído). As ofertas económicas efectuaranse á alza partindo da dita cantidade.

6. Garantía provisional: non se exixe.

7. Obtención de documentación e información:

Concello de Salvaterra de Miño, praza da Constitución, nº 1 (36450).

Páxina web: http://concellodesalvaterra.org. Poderán obter a documentación e a información ata o día de finalización do prazo de presentación de ofertas.

Tlf.: 986 65 81 26/986 65 80 82. Fax: 986 65 83 60.

8. Presentación de ofertas: as proposicións para tomar parte na licitación presentaranse das 9.00 ás 13.00 horas no Rexistro Xeral do Concello de Salvaterra de Miño, no prazo de 26 días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no último dos boletíns en que apareza (DOG ou BOP).

Os pregos de cláusulas administrativas e técnicas serán publicados no perfil do contratante do Concello de Salvaterra de Miño. Poderá publicarse, así mesmo, aqueloutra información ou documentación que sexa necesaria ou conveniente.

9. Criterios de adxudicación: son os establecidos na cláusula novena do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Documentación que hai que presentar: véxanse as bases que rexen o contrato.

11. Apertura de proposicións: o día de apertura das proposicións fixarase no perfil do contratante ou no taboleiro de anuncios do Concello cunha antelación de, cando menos, 2 días ao da súa realización.

12. Gastos de publicidade: por conta do contratista adxudicatario.

Salvaterra de Miño, 2 de marzo de 2016

Arturo Grandal Vaqueiro
Alcalde