Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12117

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 21 de marzo de 2016 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente PON/181/2015, devolta polo servizo de Correos por resultar imposible a súa notificación á interesada.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento para trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística PON/181/2015, a Mercedes Domínguez Correa, en relación coas obras consistentes na construción dunha vivenda unifamiliar no lugar de Monte da Igrexa, Camos, no termo municipal de Nigrán, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquel acordo á interesada, mediante a presente cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle á interesada o devandito acordo por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

O expediente relacionado atópase á súa disposición na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de dez (10) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación no Boletín Oficial del Estado, para presentar alegacións e os documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación á citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da devandita Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística