Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12049

III. Outras disposicións

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN de erros. Orde do 29 de xaneiro de 2016 pola que se regula a aplicación dos pagamentos directos á agricultura e á gandaría e das axudas ao desenvolvemento rural suxeitas ao Sistema integrado de xestión e control.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia número 20, do 1 de febreiro de 2016, cómpre facer as oportunas correccións no sentido que se indica a seguir:

Na páxina 3.546, o artigo 11.3, segundo parágrafo, onde di: «No caso das terras de cultivo, se procede, poderase declarar máis dun produto por campaña e parcela indicando sempre como principal o que cumpra o indicado no parágrafo anterior que será o que se utilice para a medida de diversificación establecida no artigo 20 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro», debe dicir: «No caso das terras de cultivo, se procede, poderase declarar máis dun produto por campaña e parcela indicando sempre como principal o que cumpra o indicado no parágrafo anterior que será o que se utilice para a medida de diversificación establecida no artigo 20 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro. Nese caso, o produto declarado como secundario ocupará a parcela con posterioridade ao cultivo principal e, con independencia da posible consideración dos cultivos fixadores de nitróxeno declarados como cultivos secundarios como superficie de interese ecolóxico (para os efectos do artigo 24 do Real decreto 1075/2014, do 19 de decembro), as axudas solicitaranse unicamente en función do cultivo principal».