Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Martes, 5 de abril de 2016 Páx. 12086

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 4 de marzo de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Frades (expediente IN407A 2016/027-1).

Expediente: IN407A 2016/027-1.

Solicitante: Unión Distribuidores Electricidad, S.A.

Denominación: LMAT 20 kV a CT O Seixo.

Concello: Frades.

Características técnicas:

Liña aérea de media tensión 20 kV, circuíto simple (SC), cunha lonxitude de 0,541 km sobre apoios de formigón, con condutor recuberto CCX55-Al3 20 kV (PAS 50), coa orixe no apoio nº 125 existente tipo HVH 2500/15 da liña troncal LMT Eixo-Cimadevila Rabal (expediente IN407A 2009/303-1) e remate no apoio nº 7 onde se atopa instalado o CT O Seixo.

Lexislación de aplicación:

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións na Xefatura Territorial da Consellería de Economía e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 4 de marzo de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña