Despois de intentada a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61, emprázase a persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do BOE, na Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Alcalde Hevia, 17, andar 4º, Pontevedra, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación no TEU do BOE.
Pontevedra, 16 de marzo de 2016
José Luis Díez Yáñez
Xefe territorial de Pontevedra
ANEXO
Expediente: P-026/14.
Nome: Antonio Sisto Lourido.
Enderezo: poboado mineiro de Fontao, bloque 7, vivenda 58, baixo C-I, Vila de Cruces (Pontevedra).
Acto notificado: acordo de incoación do procedemento de desafiuzamento da vivenda de promoción pública de protección oficial PO-2001NR/01, conta 58.