Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11962

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 21 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se notifica o interesado para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial de Ourense do 3 de novembro de 2014, ditada no expediente sancionador OU-EP 205/2014.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase o interesado que se sinala no anexo deste anuncio para que acredite a representación no recurso de alzada interposto contra a Resolución da Xefatura Territorial da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza de Ourense do 3 de novembro de 2014 ditada no expediente sancionador OU-EP 205/2014 tramitado na provincia de Ourense por infracción da Lei orgánica 1/1992, do 21 de febreiro, de protección da seguridade cidadá, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

O interesado poderá comparecer, para o coñecemento íntegro da dita resolución, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, no Servizo Técnico-Xurídico da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte ao da súa comparecencia para recoller a resolución, ou ao do transcurso do prazo previsto no parágrafo anterior sen que o interesado compareza, sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que considere conveniente.

Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación ao interesado en cumprimento do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Este anuncio remitirase, así mesmo, ao concello correspondente ao último domicilio coñecido do interesado, en aplicación do artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, co obxecto de que proceda á súa publicación por medio dun anuncio no seu taboleiro de edictos.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica da Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO

Nº de expediente

Recorrente

Enderezo

Establecemento

Acto notificado

OU-EP 205/2014

Rosa Fernández Sánchez

Candelarios Vales, S.L.

R/ Abdón Blanco,

nº 12, baixo, 32300

O Barco de Valdeorras

Bik Bok

Requirimento de acreditación da representación no recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente OU-EP 205/2014