Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11986

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 14 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de axencia de viaxes, traslados, aloxamento, manutención e desprazamentos para os participantes nas actividades que desenvolverá a Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016 do 19 de abril ao 9 de maio (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23792

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 245, do 24 de decembro de 2015.

2. Obxecto do contrato.

Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

Descrición: servizo de axencia de viaxes, traslados, aloxamento, manutención e desprazamentos para os participantes nas actividades que desenvolverá a Xunta de Galicia na Feira do Libro de Bos Aires 2016 (do 19 de abril ao 9 de maio).

Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria, anticipada de gasto e con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

3. Orzamento base de licitación: 123.966,94 €, IVE excluído.

4. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 3 de marzo de 2016.

b) Data da formalización do contrato: 11 de marzo de 2016.

c) Contratista: Viajes Sant Yago, S.A.

d) Importe de adxudicación: 104.000,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura, Educación
e Ordenación Universitaria