Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11955

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO de citación (619/2015).

Alberto López Luengo, secretario do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Ricardo Carballa Area contra Acintia Servicios, S.L., Altadium, S.L., Subdelegación do Goberno, en reclamación por salarios tram. cargo Estado, rexistrado co nº salarios tramit. cargo Estado 619/2015, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Acintia Servicios, S.L., Altadium, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15.9.2016, ás 11.00 horas, na planta -1, sala 6, Edif. Audiencia, para a celebración do acto de xuízo, ao cal comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os ditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

En caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida estar este representado tecnicamente por graduado social colexiado ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Acintia Servicios, S.L., Altadium, S.L., expídese a presente cédula para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Pontevedra, 10 de marzo de 2016

O secretario xudicial