Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Luns, 4 de abril de 2016 Páx. 11945

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 11 de marzo de 2016, da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, pola que se procede a darlle publicidade á resolución da mesma data, pola que se convoca para vinculación temporal, por concurso de méritos, a cobertura de diversas prazas da categoría de facultativo especialista de área para os servizos sanitarios de atención especializada da dita xerencia.

A Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, de conformidade co establecido no artigo 67 do Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, modificado polo Decreto 111/2013, do 4 de xullo (DOG núm. 140 , do 24 de xullo), e na Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo) sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVE:

Primeiro. Proceder ao anuncio da convocatoria para cubrir, mediante vinculación temporal, por concurso de méritos, as prazas de facultativo especialista de área que se relacionan no anexo I da resolución da convocatoria.

Segundo. As solicitudes para participar nesta convocatoria, xunto coa documentación a que se refiren as súas bases, deberán presentarse no Rexistro Xeral da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, sito no edificio Santa María Nai do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, andar -3, dirixidas á Xerente de Xestión Integrada, no prazo de 15 días hábiles contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Terceiro. As bases íntegras da citada convocatoria estarán expostas nos taboleiros de anuncios da Xerencia de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es).

Ourense, 11 de marzo de 2016

Eloína Núñez Masid
Xerente de Xestión Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras