En virtude do establecido nos artigos 7 e 8, parágrafo segundo, da Lei 6/1995, do 28 de xuño, pola que se crea o Consello Económico e Social de Galicia, e no artigo 25 do seu regulamento de réxime interno, publicado no DOG nº 114, do 11 de xuño de 1996, por proposta conxunta dos conselleiros de Facenda e de Economía, Emprego e Industria, logo de consulta ás entidades, organizacións e asociacións representadas no Consello, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do trinta e un de marzo de dous mil dezaseis,
DISPOÑO:
Artigo único. Noméase secretario xeral do Consello Económico e Social de Galicia a Juan José Gallego Fouz.
Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de dous mil dezaseis
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza