Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 62 Venres, 1 de abril de 2016 Páx. 11839

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 14 de marzo de 2016, da Área Provincial de Lugo, polo que se emprazan as interesadas para seren notificadas por comparecencia no expediente LU-07/010, conta 31 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal dúas veces no último domicilio coñecido, e non sendo posible a súa práctica, emprázanse as persoas que se sinalan no anexo para seren notificadas por comparecencia.

O acto foi adoptado pola xefa da Área Provincial do IGVS de Lugo.

A comparecencia deberá efectuarse na sede da Área Provincial do IGVS en Lugo, edificio administrativo sito na avenida de Ramón Ferreiro, 28, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

Lugo, 14 de marzo de 2016

Mar Gómez Pardo
Xefa da Área Provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: LU-07/010, conta 31.

Interesada: Natalia Monteiro García.

Último enderezo coñecido: rúa Paulo Fabio Máximo, 8, B-1, 7º G, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de documentación.

Expediente: LU-82/040, conta 13.

Interesada: Estrella Salazar Giménez.

Último enderezo coñecido: rúa Vía Láctea, 2-4º, Cervo, Lugo.

Acto de notificación: requirimento de documentación.