Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11629

V. Administración de xustiza

Audiencia Provincial. Sección 5ª Civil da Coruña

EDICTO (414/2013).

Eu, Isabel Freire Corzo, secretaria da Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña, fago saber que na peza de apelación que se dirá recaeu a Sentenza do 3 de xuño de 2004 cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

Audiencia Provincial. Sección número 5

A Coruña

Sentenza: 189/2014

Audiencia Provincial

Sección 5ª

A Coruña

Peza: 414/2013

Procedemento de orixe: xuízo ordinario 464/2011

Xulgado de procedencia: Primeira Instancia número 5 de Ferrol

Deliberación o día: 21 de maio de 2014

A Sección 5ª da Audiencia Provincial da Coruña pronunciou en nome do rei a seguinte:

Sentenza nº 189/2014

Maxistrados:

Manuel Conde Núñez

Julio Tasende Calvo

Dámaso M. Brañas Santa María

Na Coruña o 3 de xuño de 2014.

No recurso de apelación civil número 414/2013, interposto contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol en xuízo ordinario 464/2011, sobre obrigación de facer non persoalísima, sendo a contía subsidiaria do procedemento 72.688 €, seguido entre partes, como apelante Josefa Vázquez Loureiro, representada pola procuradora Mª Teresa Pita Urgoiti; como apelados Mª Luisa Pérez Vila, representada pola procuradora Mónica Vázquez Couceiro, así como Juan Prego Galego, que non compareceu nesta segunda instancia, e como apelado, declarado en situación procesual de rebeldía en primeira instancia, Javier Veiga Vázquez. É relator Manuel Conde Núñez.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos xurídicos).

Resolvo que, desestimando o recurso de apelación interposto por Josefa Vázquez Loureiro contra a sentenza ditada polo Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Ferrol, en autos de xuízo ordinario nº 464/2011, debemos confirmar e confirmamos en todos os seus aspectos a referida resolución, con imposición das custas de alzada á parte apelante.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Para que conste e sirva para a inserción no Diario Oficial de Galicia (DOG) co obxecto de notificar ás partes declaradas en rebeldía, Juan Veiga Vázquez, expido e asino este edicto. Dou fe.

A Coruña, 9 de marzo de 2016

A letrada da Administración de xustiza