Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11678

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 17 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifica o acordo de iniciación de procedemento de reintegro da subvención concedida ao expediente TR352A 2013/4-0, regulado na Orde do 20 de maio de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 99, do 27 de maio).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, despois de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á entidade relacionada no anexo o acordo de iniciación do expedientes de reintegro da subvención concedida.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, 2º andar, en Santiago de Compostela, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento nun prazo de quince días.

Os interesados poderán alegar ou presentar os documentos que xulguen pertinentes, nun prazo de quince (15) días, ante o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao de publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto no artigo 59.4 da citada Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 17 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego
ANEXO

Entidade: Federación Galega de Deportes para Xordos (Fegadex).

Enderezo: praza de Agustín Díaz, 3. Complexo Deportivo de Elviña, 15008 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2013/4-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de procedemento de reintegro.

Data do acto: 16 de decembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 14.II.c) da citada Orde do 20 de maio de 2013 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 3.164,22 euros.