O artigo 22.6 da orde reguladora dispón que as resolucións de concesión serán obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia, de acordo co disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, na Lei 4/2006, do 30 de xuño, no Decreto 132/2006, do 27 de xullo, e na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.
En consecuencia,
RESOLVO:
Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia das subvencións concedidas con cargo á aplicación orzamentaria 11.03.322A.460.2, para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia dirixidos a mellorar a empregabilidade, a cualificación e a inserción profesional das persoas mozas incluídas no ficheiro do Sistema nacional de garantía xuvenil, no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, ao abeiro da Orde do 21 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 17, do 27 de xaneiro).
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2016
José Alfonso Marnotes González
Director xeral de Orientación e Promoción Laboral