Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Xoves, 31 de marzo de 2016 Páx. 11642

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ORDE do 21 de marzo de 2016 pola que se acorda declarar deserta a segunda poxa pública para a venda dun inmoble situado na praza do Teucro de Pontevedra.

Mediante Orde da Consellería de Facenda do 17 de novembro de 2015 foi autorizado o alleamento, mediante poxa, dun inmoble situado na praza do Teucro 18 do concello de Pontevedra.

Logo de publicarse no Diario Oficial de Galicia do 3 de decembro de 2015, número 231, e en xornais de ampla difusión (La Voz de Galicia, Diario de Pontevedra e Faro de Vigo do mesmo día), o anuncio da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio, de alleamento do citado inmoble, e posteriormente no Diario Oficial de Galicia número 26, do 9 de febreiro de 2016, tivo lugar o 15 de marzo de 2016 a poxa pública anunciada, polo que, á vista das actas da mesa de contratación, de conformidade co disposto no artigo 70 do Decreto 50/1989, polo que se aproba o Regulamento do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, e tras a proposta da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio,

DISPOÑO:

Primeiro. Declarar deserta en segunda poxa a adxudicación do seguinte inmoble a un prezo de setecentos catro mil cincocentos vinte e nove euros con noventa e nove céntimos:

Casa situada na praza do Teucro 18, esquina rúa Real da cidade de Pontevedra, composta de semisoto, baixo e un piso de 276 m2, segundo o Rexistro da Propiedade, e duns 496 m2, segundo os datos da Dirección Xeral do Catastro, que linda: á fronte, praza do Teucro; á dereita, herdeiros de Jaime Facorro Gantad; á esquerda, rúa Real, e ao fondo, predio da familia Magdalena García. Referencia catastral 9280503NG2998S0001GL. Inscrita no Rexistro da Propiedade de Pontevedra número 1 como predio nº 3753, tomo 306, libro 98 e folio 120.

Segundo. Anunciar a realización da terceira poxa pública do inmoble, a un prezo de cincocentos oitenta mil douscentos un euros con dezasete céntimos, que terá lugar o día 15 de abril de 2016, ás 11.30 horas, na sala de conferencias do edificio administrativo de Pontevedra, na rúa Fernández Ladreda 43.

Terceiro. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ou recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses.

Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 9.1.2012; DOG núm. 9, do 13 de xaneiro)
Mª del Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda