No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra número 49, do 11 de marzo de 2016, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover as seguintes prazas:
– Persoal funcionario. Quenda libre: encargado xeral. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C1; oficial 1ª fontaneiro. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C2; enxeñeiro técnico. Número de vacantes: 1. Grupo A, subgrupo A2.
– Persoal funcionario. Quenda de promoción interna: encargado almacén. Número de vacantes: 1. Grupo C, subgrupo C2.
– Persoal laboral fixo. Quenda promoción interna: oficial 1ª xardinaría. Número de vacantes: 1; oficial 1ª condutor. Número de vacantes: 2; oficial 1ª mantemento. Número de vacantes: 1.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.
Poio, 11 de marzo de 2016
Luciano Sobral Fernández
Alcalde