Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11544

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a venda do aluminio procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (NC 0009/2016).

Obxecto: licitación pública para a venda do aluminio procedente dos residuos urbanos procesados na planta de reciclaxe, tratamento e elaboración de combustible do Complexo Ambiental de Cerceda (expediente 0009/2016).

Data límite para a presentación das ofertas: 11 de abril de 2016, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 18 de abril de 2016, ás 11.30 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data:

En www.sogama.es, na epígrafe Perfil do contratante.

Nas oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono: 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Cerceda, 21 de marzo de 2016

Javier Domínguez Lino
Presidente da Sociedade Galega de Medio Ambiente, S.A.