Intentada a notificación persoal e devolta polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, pola presente cédula notifícaselle á empresa que se relaciona a resolución recaída no expediente sancionador correspondente.
Dispón dun prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado, para examinar a resolución (que non pon fin á vía administrativa) nas dependencias desta xefatura territorial, Servizo de Emprego e Economía Social, Sección de Sancións, sitas na rúa Concepción Arenal, 8, 2º andar en Vigo (Pontevedra), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Fáiselle saber á interesada que pode formular recurso de alzada ante a Secretaría Xeral de Emprego, no prazo dun mes, contado desde o seguinte día da súa publicación, de acordo co previsto no artigo 114 e seguinte da Lei 30/1992, do 26 de novembro. Advírteselle que, de non interpoñelo no tempo e na forma que procedan, deberá aboar a multa imposta mediante a necesaria utilización do impreso que poderá solicitar na Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria, no número de conta e na entidade bancaria e prazo que nel se sinala, xa que, noutro caso, se incoará o procedemento pola vía de constrinximento ante a Consellería de Facenda correspondente.
Expediente: RL 2006/0468-4.
Acta: 601/2006.
Empresa: Estructuras y Construcciones Rial Soto, S.L.
NIF: B36443455.
Enderezo: Orotava, 6, Ponteareas.
Materia: seguridade e saúde.
Preceptos infrinxidos: artigos 4.2.d) e 19.1 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, e artigo 14.1 da Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, en relación co artigo 11.1.c), anexo IV, parte C, 3.a) do Real decreto 1627/1997, do 24 de outubro, polo que se establecen disposicións mínimas de seguridade e saúde nas obras de construción.
Preceptos sancionadores: artigos 12.16.f), 39.3.c) e h) e 40.2.b) do Real decreto lexislativo 5/2000, do 4 de agosto, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social.
Data da resolución: 8.3.2016.
Resolución: multa de 6.013,13 €.
Vigo, 17 de marzo de 2016
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra