Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11499

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 14 de marzo de 2016, da Secretaría Xeral de Emprego, polo que se notifican os acordos de iniciación de procedemento de reintegro das subvencións concedidas aos expedientes TR352A 2012/599-0 e dous máis, regulados na Orde do 28 de febreiro de 2010 (Diario Oficial de Galicia número 50, do 12 de marzo).

De conformidade co disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselles ás entidades relacionadas no anexo os acordos de iniciación dos expedientes de reintegro das subvencións concedidas.

Os interesados poderán comparecer nas dependencias desta dirección xeral, sita no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, en Santiago de Compostela, 2º andar, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, para o coñecemento íntegro do acordo e a constancia de tal coñecemento nun prazo de quince días.

Os interesados poderán alegar ou presentar os documentos que xulguen pertinenes nun prazo de quince (15) días ante o director xeral de Orientación e Promoción Laboral da Consellería de Economía, Emprego e Industria. A eficacia do acto administrativo queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que os mencionados prazos se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE.

Sen prexuízo do anterior e en virtude do disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de marzo de 2016

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego

ANEXO

1. Entidade: Fundación Andrea Gómez.

Enderezo: Ramón Cabanillas, nº 5, entresollado, oficina 6, 32004 Ourense.

Nº de expediente: TR352A 2010/599-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de procedemento de reintegro.

Data do acto: 16 de decembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 15.I.c) da Orde do 28 de febreiro de 2012 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 12.423,46 €.

2. Entidade: Asociación Xuvenil A Telleira.

Enderezo: rúa Arcebispo Xelmírez, nº 28, 2º.

Nº de expediente: TR352A 2012/511-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de procedemento de reintegro.

Data do acto: 19 de novembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 15.I.c) da Orde do 28 de febreiro de 2012 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 9.822,00 €.

3. Entidade: Federación Galega de Deportes para Xordos.

Enderezo: praza de Agustín Díaz, 3, Complexo de Elviña, 15008 A Coruña.

Nº de expediente: TR352A 2012/354-0.

Acto que se notifica: acordo de iniciación de procedemento de reintegro.

Data do acto: 25 de novembro de 2015.

Preceptos incumpridos: artigo 15.I.c) da Orde do 28 de febreiro de 2012 e artigo 33.1.c) da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia.

Cantidade para reintegrar: 3.730,46 €.