Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11483

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de febreiro de 2016, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa e de construción dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Abegondo (expediente IN407A 2015/226-1).

Expediente: IN407A 2015/226-1.

Promotor: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Denominación da instalación: adecuación da LMTA BEG-706 e do CT Limiñón.

Concello: Abegondo.

Feitos:

Primeiro. O 24 de xullo de 2015, o promotor solicitou a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción do proxecto de execución da instalación de distribución eléctrica indicada.

Segundo. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante a súa inserción no DOG do 13 de outubro de 2015 e no BOP do 29 de setembro de 2015.

Terceiro. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade coas condicións establecidas.

Cuarto. Os servizos técnicos da Xefatura Territorial emitiron un informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas:

1. A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

2. O Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

3. O Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en liñas eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09.

4. O Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23.

5. O Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión.

6. As características técnicas da instalación son as seguintes:

– Retensar o tramo da liña eléctrica de media tensión aérea BEG-706 (actuación nº 1), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,047 km, con orixe no apoio nº 51 existente da LMT BEG-706, en condutor LA-110 mm2 Al e final en apoio proxectado en substitución dun existente nº 52.

– Retensar o tramo da liña eléctrica de media tensión aérea BEG-706 (actuación nº 2), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,293 km, con orixe no apoio nº 57 proxectado en substitución do existente da LMT BEG-706, en condutor LA-110 mm2 Al e final no apoio existente nº 59.

– Liña de media tensión subterránea, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,625 km, con orixe no paso aerosubterráneo no apoio proxectado en substitución do nº 52 existente da LMT BEG-706, condutor tipo RHZ1-2OL, 12/20 kV, 1×240 mm2 Al e final no paso aerosubterráneo no apoio proxectado en substitución do nº 57 existente da LMT BEG-706, logo de realizar a entrada e a saída nas celas do CT proxectado.

– Novo centro de transformación prefabricado Limiñón, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

O orzamento da instalación segundo o proxecto é de 111.162,59 €.

7. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

RESOLVO:

Primeiro. Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción á instalación eléctrica de adecuación da LMTA BEG-706 e CT Limiñón.

Segundo. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir do día seguinte ao da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude á que se xuntará a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, de proceder.

– Un certificado do director da montaxe no cal se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e das prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas, na montaxe da instalación e na posta a punto.

Cuarto. Esta aprobación outórgase sen prexuízo doutras que fosen de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial a relativa á ordenación do territorio e o ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa notificación ou publicación nos termos establecidos nos artigos 107, 100, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de febreiro de 2016

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña