Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Mércores, 30 de marzo de 2016 Páx. 11467

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de marzo de 2016 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria sobre o programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020, cofinanciado polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 nun 80 % (obxectivo temático 13 asistencia técnica, prioridade de investimento 13.1, obxectivo específico 13.1.3).

1. Poder adxudicador.

a) Organismo: Consellería de Facenda da Xunta de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio.

c) Numero de expediente: FA28/2015.

d) Perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=23681

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: servizo.

b) Descrición do obxecto: o servizo consistente no desenvolvemento da campaña publicitaria sobre o programa operativo Fondo Social Europeo (FSE) Galicia 2014-2020.

c) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 242, do 21 de decembro de 2015.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria, documentalmente simplificada e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación.

a) Prezo: cento oitenta e cinco mil novecentos cincuenta euros con corenta e un céntimos (185.950,41 €), IVE excluído.

b) IVE: trinta e nove mil corenta e nove euros con cincuenta e nove céntimos (39.049,59 €).

5. Formalización.

a) Data de adxudicación: 1 de marzo de 2016.

b) Data de formalización: 2 de marzo de 2016.

c) Entidade adxudicataria: Taller de Técnicas Creativas, S.L., con NIF B15936776.

d) Importe de adxudicación: 185.950,41 euros (IVE excluído).

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

P.D. (Orde do 9.1.2012)
Mª Socorro Martín Hierro
Secretaria xeral técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda