Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Martes, 29 de marzo de 2016 Páx. 11254

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 10 de marzo de 2016, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se notifica, ao titular dun predio afectado, a resolución de información pública da solicitude de autorización e declaración de utilidade pública da antena de aproximación, estación de regulación e medida, e rede de distribución de gas natural en Foz (expediente IN627A 2015/15-0).

Ante a imposibilidade de notificación ao titular do predio LU-FO-524 (Ángel Eijo Saa, con enderezo en San Blas, 8, 27780 Foz, Lugo), mediante a presente cédula practícaselle a preceptiva notificación da Resolución do 11 de setembro de 2015, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se someteu a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e recoñecemento, en concreto, da utilidade pública da infraestrutura gasista denominada Antena de aproximación en MOP 10 bar, estación de regulación e medida (ERM) MOP 10/4 bar e rede de distribución para subministración de gas natural en MOP 4 bar a Foz (Lugo), promovida pola empresa Gas Galicia SDG, S.A. (expediente IN627A 2015/15-0).

Comunícaselle que a dita resolución se publicou no Diario Oficial de Galicia do 16 de outubro de 2015, que no seu anexo se inseriu a relación de predios afectados, entre os que figura o predio LU-FO-524 coas súas afeccións, que o proxecto da infraestrutura gasista poderá examinarse na Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria (Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, 15781 Santiago de Compostela) e que poderá presentar as alegacións que considere oportunas no prazo de 20 días a partir do seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado.

A presente cédula expídese para que conste e sirva de notificación ao titular do citado predio, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2016

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas